A cita, que non puido celebrarse en novembro pola choiva, chegou este 26 de abril con tres rutas de 5, 10 e 20 quilómetros, percorrendo paisaxes únicas da Ribeira Sacra de Chantada e O Saviñao coa adega Condado de Sequeiras como punto de saídae chegada.
Arredor de medio millar de persoas vestiron de rosa este domingo 26 de abril para participar na V edición da Andaina Chantada Contra o Cancro, nunha xornadamatinal marcada polo bo tempo —con calor que foiarreciando nas últimas horas— e por un ambiente solidario que xa se converteu nun dos eventos máis esperados do calendario comarcal.
A Andaina organizada pola asociación local Chantada Contra o Cancro chegou esta primavera logo de que, a primeira data prevista – en novembro -, tivese que ser suspendida pola chuvia. A espera valeu a pena: ceos despexados e un percorrido de excepción recibiron as persoas participantes, que puideron escoller entre tres rutas de distinta dificultade e distancia: 5, 10 e 20 quilómetros, adaptándose así a todo tipo de perfís e condicións físicas.
Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxoapoio resulta esencial para facer posible esta cita, as rutas percorreron algunhas das paisaxes máis singulares da Ribeira Sacra, na subzona de Chantada, con incursión tamén por puntos do concello do Saviñao. Viñedos en muras, vistas ao Miño e á desembocadura do Asma; e a esa calma propia da ribeira compuxeron o pano de fondo dunha marcha que é, ademais dunha celebración deportiva, un acto de afecto, de memoria, de concienciación e de promoción das actividades saudablese en comunidade.
Á chegada á Adega, as e os andaríns foron recibidos con pinchos e viño cortesía da propia Adega Condado de Sequeiras, poñendo o broche a unha mañá de domingo distinta e reconfortante.
Unha rede de apoio local que fai posible o evento
Trala organización de cada Andaina hai un tecido de persoas, empresas e entidades que a fan posible. Nesta quinta edición, xunto á imprescindible colaboración de Condado de Sequeiras, sumaron o seu apoio DaVeiga – Galletas Mariñeiras, Ambulancias Calvo, SegurosEduardo Rogina, Eurofrut, Distribuciones Calambuco, Gadis, O Remate Gráfico, Mar&Bellota, Número 13, Hotel Mogay e Velaísca, cuxas aportacións son esenciaisxunto á axuda por parte das institucións colaboradoras: Concello de Chantada e o voluntariado de Protección Civil. Así mesmo, a elaboración dos percorridos da ruta correu da man de Monte da Roda, que traballou arreo no deseño e sinalización dos camiños que logo desfrutaron os participantes este domingo. Porén, nada sería posible sen a colaboración de máis de 30 persoas voluntarias que axudaron tanto no control do bo desenvolvemento de cada ruta, como nas tarefas necesarias para que todo funcionase na saída e tamén á chegada á Adega e así, os andaríns de rosa, puideran desfrutar ao máximo desta xornada. A todas elas, a directiva da asociación Chantada Contra o Cancro expresan o seu profundo agradecemento.
Máis alá de Chantada: unha cita que medra
A Andaina Chantada Contra o Cancro deixou de ser haitempo un evento exclusivamente local. Xunto aoschantadinos e chantadinas e á súa comarca, a cita atrae xacada ano a persoas chegadas de puntos moi distintos de Galicia: Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sober, Lugo capital, Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Rianxo, O Barco de Valdeorras, Oleiros, Vilanova de Arousa, Xinzo de Limia, Arzúa… Un goteo de participantes que chegan non só pola causa, senón taménpolo privilexio de camiñar nun dos recunchos máisfermosos da xeografía galega.