0 19o posto da competición en Segunda Feminina dilucidarase a semana que vén.
Non é habitual, pero isto é unha das cousas que permiten as eliminatorias a dous partidos en baloncesto: o partido do sábado 9 de maio no Novo Pavillón do Grove rematou en táboas. Nun encontro que tivo unha metade para cada equipo (e no que as betanceiras tiveron a tripla para gañar, logo de remontar 7 puntos no último minuto) as xogadoras de Lalo Golpe deixaron para o partido da vindeira semana en Betanzos o desenlace final da temporada. Pese a contar con vantaxes de 14 puntos en varios treitos do encontro, as betanceiras non souberon sentenciar o partido e viron como o equipo local, que saíu por todas tras o descanso, mesmo tivo serias opcións de levar o partido. Empate final a 61, na fin de contas, e un aliciente máis para que os seareiros acudan a despedir a temporada como merece a próxima fin de semana.
Vitorias do Grelo na F4 e segunda de La Goleta na Fase de Ascenso
Polo demais, cumpríronse as expectativas e o Grelo cadete gañou en Montrove con contundencia (41-92) na súa estrea na F4 da liga, La Goleta sumou a súa segunda vitoria na Fase de Ascenso a Segunda Autonómica, se cadra con máis problemas dos esperados, contra os vigueses de San José-Cluny (72-66), e as júnior feminino de Infor-B, quintas da Liga sucedese o que sucedese, deron conta de Básquet Coruña por un marcador de 56-43 na mañá do sábado.
Tamén gañaron os infantís de Cyrdega ao BC 2013 por 73-38, as infas de Warnier por 26- 56 a Arteixo e as cadetes de Decornaveira por 79-63 a Laracha na súa loita polo 5o ao 8o posto da Liga de Coruña-Ferrol. Os júnior de Texas Controls déronlle a volta a un partido que perdían por 14 puntos ao descanso contra Baxi Ferrol, para deixar un meritorio 72-62 final no luminoso á espera do cruce con Maristas, o “coco” do grupo polo 9o posto da Liga Coruña-Ferrol, e, en canastra pequena, as premini de 91o gañaron por 19-58 a Compañía, os premini masculino a Salesianos por 67-16, os mini 2015 nun disputado partido a Maritas por 70-72, mentres que o Piccola Alameda no tivo opcións contra Culleredo (72-36).O sénior de Terceira Autonómica, repleto de baixas, non tivo opción ningunha contra Costa da Morte en Cee: 59-42.