Elena Candia reúnese cos xefes de servizos do Concello

A alcaldesa de Lugo, xunto cos concelleiros Cristina Sanz e Ramón Cabarcos, mantiveron esta mañá unha primeira reunión de traballo cos xefes de servizo do Concello co obxectivo de coñecer, de primeira man, a situación dos distintos departamentos do Concello.

Elena Candia pediulles que lle facilitasen a información detallada sobre as necesidades reais de cada departamento, co fin de poder priorizar actuacións e avanzar na mellora da organización municipal.

Durante o encontro, a alcaldesa trasladou a súa vontade de traballar desde o diálogo, o respecto ao labor técnico e a cooperación, destacando a importancia de sumar esforzos para mellorar o funcionamento interno do Concello e a atención á veciñanza.

Pleno de organización

A alcaldesa tamén informou que esta semana se desenvolverá o pleno de organización.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios