O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá na tradicional visita, e posterior xantar, dos e das socialistas na Festa da Ascensión, unha cita que en Compostela xa forma parte obrigada do calendario do partido. Antes houbo paseo pola Feira do Cabalo en Amio, a banda na Quintana e paseo pola Alameda.
Besteiro definiu a Ascensión como “unha cita ineludible” e aproveitou para repetir unha idea sobre a que volveu varias veces na rolda de prensa: “Compostela é unha cidade que merece máis”. Para o líder socialista, a capital galega viviu os seus mellores momentos cando gobernou o socialismo, e non só en clave política. Falou de protagonismo económico e cultural, dunha cidade aberta que era exemplo na prestación de servizos públicos. “O que nos obsesiona é devolverlle a Compostela o seu peso e a súa forza”, dixo.
Preguntado polos xornalistas pola candidatura socialista en Santiago de cara ás municipais de 2027, Besteiro non quixo adiantar nomes. Si confirmou que o partido activará no segundo semestre do ano o proceso para elixir os candidatos e que serán os socialistas composteláns os que decidan quen encabeza a lista. “Hoxe, día de festa, non toca falar diso”, sinalou entre risas, rodeado dunha ampla representación do partido na cidade. Insistiu en que agora o importante non é o nome, senón o proxecto.
“O goberno de Lugo nace indigno e vai seguir séndoo”
Preguntado polas primeiras medidas de Elena Candia como alcaldesa de Lugo comoa retirada da bandeira de Palestina, Besteiro sinalou que “un goberno indigno produce consecuencias indignas. Para o secretario xeral do PSdeG, un goberno que “naceu de costas á vontade dos lucenses, dunha operación que mercou un voto para arrebatarlle a Alcaldía a quen a gañou nas urnas, nace indigno e vai seguir séndoo cada día que pase”, advertiu. E foi ás probas. A eliminación da bandeira palestina, ou o cambio do logotipo institucional, sen consenso ningún, unha volta atrás que non entende ninguén nin dentro nin fóra de Lugo. Insistiu na supresión da área de promoción da lingua por parte de Candia, «xusto cando o galego máis apoio