Música clásica no Mercado de Abastos de Teis co Programa Conexións

Poñer a arte ó alcance de todo o mundo, esta é a proposta do Programa Cultural Conexións, posto en marcha en 2023 pola Fundación Mayeusis coa colaboración do Concello de Vigo.

Descubre más noticias musicales como ésta

O 21 de maio ás 12:00 h este ciclo leva a música clásica ó exterior do mercado de Teis. Luis Caballero ó violonchelo, Samuel Serrano ó piano e Yago Vázquez Pateiro á frauta traveseira serán os encargados de encher a praza con composicións de Morricone, Bach ou Mozart.

Esta nova edición de Conexións incorpora novidades pensadas para ampliar públicos, como a presenza das artes escénicas con propostas dirixidas incluso a bebés ou novos estilos como a música medieval, que conectará co patrimonio románico da cidade, establecendo un diálogo único entre arquitectura e son.
O venres 22 hai programadas dúas actuacións: ás 12:00 h o espectáculo escénico OENI terá lugar na Praza da Pedra e ás 19:30 h o Grupo Conexións Dixie tocará no Paseo de Alfonso.

A organización invita a todo o mundo a desfrutar destas propostas ó aire libre para que os cidadáns conten con ofertas culturais de calidade na súa vida cotiá.

Comparte éste artículo
No hay comentarios