A concelleira transfuga que propiciou a moción de censura pepretada en Lugo farase cargao da presidencia da Comisión de Urbanismo, Mobilidade, Obras e Zona Rural. Alexandre Penas asegurou que «é lamentable que a transfuga presida a comisión cando hai moita xente neste equipo de goberno que se encargou destes asuntos historicamente e quedan relagados a un segundo plano». «A Alcaldesa semella estar secuestrada pola omnipresenza da concelleira transfuga que é a representación da dereita e centro-dereita en Lugo» sinalou Alexandre Penas.
A Comisión de Urbanismo, Mobilidade, Obras e Zona Rural desenvolverase os xoves da penultima semana do mes ás 10:00 horas baixo o dictado da presindecia que estará en mans da Concelleira non adscrita. Trataranse nesta comisión as propotas e preguntas presentadas polos grupos municipais relativas a Urbanismo, Mobilidade, Obras e Zona Rural. Nas comisións atenderanse, dende o goberno, as preguntas e rogos presentados polos grupos da oposición previamente ao pleno.