O CICA acolle o DynaFit School 2026, un encontro internacional sobre análise avanzada de datos para a investigación en Química, Bioloxía e Biomedicina

O evento contará coa a participación de Petr Kuzmič, creador de Dynafite referente internacional no desenvolvemento de ferramentasmatemáticas.

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolle, desde hoxe ata o 5 de xuño o DynaFit School 2026, un simposio-obradoiro internacional centrado na análise avanzada de datos experimentais en química, bioloxía e biomedicina.

A actividade está organizada pola investigadora Oportunius do grupo QUIMBIO do CICA, Elena Pazos, xunto a Eugenio Vázquez, investigador do CiQUS – Center for Research in Biological Chemistry and Molecular Materials da Universidade de Santiago de Compostela, e Víctor Quesada, investigadorda Universidade de Oviedo.

Durante os cinco días que dura o encontro, persoal investigador procedente de distintas universidades e centros de investigación aprenderá a empregarDynaFit, un software especializado que permite interpretar experimentos complexos e comprender mellor como funcionan os procesos químicos e biolóxicos a nivel molecular. Este tipo de ferramentas resultan fundamentaisen áreas como o desenvolvemento de novos medicamentos, o estudo de enfermidades ou o deseño de sistemas químicos e biotecnolóxicosavanzados.

O programa combinará sesións teóricas, obradoiros prácticos baseados en datos reais e presentacións científicas das persoas participantes, fomentando unha contorna de formación avanzada e intercambio científico.Un dos principais atractivos será a participación do Dr. Petr Kuzmič, creador de Dynafit e referente internacional no desenvolvemento de ferramentas matemáticas para o estudo de procesos bioquímicos. A súa presenza sitúa este evento nunha cita destacada para a comunidade científica interesada en metodoloxías avanzadas de análise de datos experimentais.

O evento conta ademais co apoio da Rede CIGUS, a rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Real Sociedade Española de Química, a través da Sección Territorial de Galicia e o Grupo Especializado de Química Biolóxica.

Máis información sobre o evento e o programa completo en: https://www.dynafitworkshop2026cica.eu

Perfil do Dr. Petr Kuzmič

Petr Kuzmič naceu en Checoslovaquia, actual República Checa. Estudou Química Orgánica e Medicinal no Instituto de Tecnoloxía Química de Praga e doutorouse en Química Bioorgánica na Academia Checa de Ciencias en 1985.

En 1987 trasladouse aos Estados Unidos como investigador invitado pola Academia Nacional de Ciencias. En 1991 fundou BioKin Ltd., unha empresa especializada en consultoría científica e desenvolvemento de software.

Traballou na Universidade de Wisconsin-Madison como investigador e profesor, onde desenvolveu ferramentas matemáticas e informáticas para estudar a inhibición de encimas, especialmente a proteasa do VIH.

Desde 1999 adícase á consultoría para empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas, á docenc

Comparte éste artículo
No hay comentarios