O presidente, Valentín González Formoso, recibiuás xogadoras de ambos clubs tras os seus ascensos no mes de maio.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, recibironhoxe ás xogadoras, corpos técnicos e directivas do Club de Baloncesto Maristas Coruña e do Victoria CF para recoñecer a súa gran traxectoria esta tempada e celebrar os seus respectivos ascensos.
Durante a recepción oficial, que tivo lugar no salón de plenos, Formoso quixo destacar e dar visibilidade ao traballo, ao sacrificio e ao talento das deportistas de ambos clubs coruñeses, que levan o nome da provincia polo territorio nacional. Na súa intervención, o presidente quixo por en valor o compromiso da institución, afirmando que “a Deputación leva anos apoiando o deporte feminino, tanto de elite como de base, e así o seguiremos facendo, estando ao voso carón para acompañarvos nestes novos retos e desafíos que depara o futuro a nivel nacional”.
Neste encontro destacouse o importante fito acadado polo Maristas Coruña, que certificou a comezos de maio o seu ascenso á Liga FemininaChallenge (a segunda categoría nacional) tras derrotar na eliminatoria ao Pacisa Girona, acadandoasí a representación da provincia nunha categoría nacional de baloncesto feminino. Ademais do éxito deportivo, Formoso destacou o modelo do club, enfocado na formación integral e na igualdade, ao contar na actualidade con 250 deportistas, sendo a metade mulleres e a metade homes.
Pola súa banda, o Victoria CF foi homenaxeado por acadar o ascenso a Segunda Federación Feminina de fútbol despois de superar ao Real Zaragoza a finais do mes de maio, uníndose así ao DéporAbanca B como representantes da provincia da Coruña.
O club completou unha temporada brillante baseada na solidez, sendo o equipo menos goleado da súa categoría. O presidente quixo destacar tamén o gran peso dun club que iniciou a súa traxectoria no ano 1943 e asegurando que “seguirá contando co apoio provincial neste novo desafío a nivel nacional”.
O presidente da Deputación celebrou xunto ásxogadoras o ascenso de ambos equipos e subliñouo bo momento que atravesa o deporte coruñés, e singularmente as categorías femininas, celebrando ascensos en baloncesto, fútbol e hockey, entre outras modalidades deportivas.