Nos 15 polos de emprendemento de Galicia lévanse atendido máis de 6.300 proxectos
Que as ideas non se vexan freadas polos recursos, ou pola falta deles. Esa é a idea principal e unha das prioridades coas que traballa o Goberno galego: poñer ao servizo dos emprendedores todos os recursos e sustentos necesarios para que, aqueles que desexan entrar ou potenciar un negocio en Galicia teñan os soportes para facelos realidade.
Así, a Xunta da pasos de xigante hacia a construción dunha Estratexia de emprendemento ligada ao territorio, algo que se entende dentro do contexto da designación de Galicia como Rexión Emprendedora Europea. A sempre mentada rede público-privada, impulsada no I Congreso Ultreia, suma máis de 140 adhesións e busa compartir recursos, xerar sinxerxias e fortalecer o conxunto do sistema emprendedor galego.
A chamada Rede Ultreia é unha ferramenta de cooperación na que se esquivan duplicidades e busca xuntar esforzos para que os proxectos emprendedores vaian acompañados da potencia, posibilidades e fiabilidade das politicas públicas. Como un treballo científico de campo que en realidade supón, o proceso busca identificar axentes e servizos existentes, avaliar a utilidade real das ferramentas dispoñibles, optimizar o seu impacto, reforzar a coordinación entre actores e mellorar a resposta ás necesidades deses emprendedores.

Rede de polos
É necesario sinalizar tamén como fundamental a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que é o que configura as políticas de emprendemento territorial e funciona como a principal canle operativa nese deseño dos pasos a dar. É unha iniciativa de atención gratuita e personalizada, que ofrece a axudar e a resposta necesaria neses tan difíciles primeiros pasos: os que queren iniciar un proxecto, os que buscan consolidalo, e a necesaria atención ao medio rural para contribuír a dinamización económica, solventar o reto demográfico e fixar á poboación dese xeito.
Existen na actualidade 15 oficinas da Rede distribuídas por toda Galicia. Na provincia da Coruña están operativas as de Ferrol, Coristanco e Melide; na de Lugo, as de Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos; na de Ourense, as de O Carballiño, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras e Verín; e na de Pontevedra, as de Silleda, O Porriño e Vilanova de Arousa.
Os Polos teñen atendido a máis de 6.300 proxectos de emprendemento, con 19.000 titorías para asesorar e ser parte fundamental da creación de 600 emprensas. Consolídase así como unha das principais ferramentas de apoio ao emprendemento en Galicia. Doutra banda, estas oficinas son chave para dinamizar as contornas, con 1.500 reunións con entidades e 800 eventos desde a súa posta en marcha.
Como todo proxecto en constante reinvención, no futuro a idea é reforzar con novas ferramentas e servizos, como é o caso dunha oficina dixital única, equipos itinerantes para das cobertura ás zonas rurais ou de menor densidade de poboáción e un mapa comarcal que identifique aos sectores con maior capacidade para operar en cada territorio. Máis rápido, eficiente e de axudar ao emprendedor. Serán antenas capaces de detectar necesidades, conectar oportunidades e orientar cada proxecto de xeito idóneo hacia os programas e recursos que máis se axustan ás súas necesidades. É unha contribución fundamental a un desenvolvemento máis equilibrado e sostible de Galicia.

Remuda xeracional
Outras liñas de emprendemento ligados ao territorio reforzan ese carácter integral, como é a aposta pola remuda xeracional. Os comercios, que a cotío non atopan continuidade dentro da árbore xenealóxica, poden ter esa continuidade coa identificación de negocios chave en cada contorna e a conexión con emprendedores que interesados en actividades viables. Sobre todo cando achega a xubilación.
Ir da man de quen está preto do traspaso, ou acudir á Rede de Polos para dar visibilidade á súa oferta e recibir asesoramento dentro do proceso de transmisión. Ese é o espírito e a ideoneidade da potencia da administración nesa simbiose público privada. Os técnicos da Rede traballan cos titulares para resolver dúbidas vinculadas á remuda, faci facilitar a difusión dos negocios a través do escaparate habilitado na páxina web da Rede de Polos e informar sobre os apoios dispoñibles, entre eles o Bono Remuda, dotado con 1,5 M€ e integrado na orde unificada de axudas para persoas autónomas.