Francisco González de Posada presenta en Exponav o seu libro sobre Louis Godin e Jorge Juan, pioneiros da ciencia moderna en España

Unha proposta enmarcada dentro do ciclo de conferencias do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan que impulsa a Universidade da Coruña (UDC) xunto coa Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.

A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acolle, o xoves 18 de xuño, ás 19:00 horas, a presentación do libro “Louis Godin y Jorge Juan, pioneros de la ciencia moderna en España” (Locals Edicions, 2025) da man do seu autor, o catedrático emérito de Fundamentos Físicos da Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e académico de honra da Real Academia Europea de Doctores (RAED), Francisco González de Posada. Tanto a presentación do libro, a modo de relatorio, como o coloquio posterior enmárcanse dentro do ciclo de conferencias do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan, impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) e máis pola Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín. 

Na súa presentación, Francisco González de Posada falará de como Louis Godin (París, 1704 – Cádiz, 1760) propuxo, organizou e dirixiu a primeira gran expedición científica do mundo, en Ecuador, coa finalidade de determinar a forma e o tamaño da Terra, comprobando se tiña unha forma alongada nos polos tal e como suxería René Descartes ou ben achatada, teoría defendida por Isaac Newton. A esta expedición uníronse Jorge Juan y Santacilia(Novelda, Alicante, 1713 – Madrid, 1773) e Antonio de Ulloa (Sevilla, 1716 – Islade León, 1795).

Francisco González de Posada (Cádiz, 1942) é enxeñeiro e doutor en Camiños, Canais e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid (UPM), licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Pontificia de Salamanca (UPSA) e licenciado en Ciencias Físicas pola Universidad Complutense de Madrid (UCM). Entre os anos 1984 e 1986 foi reitor da Universidad de Cantabria (UC). Como dato curioso, ostenta un récord mundial: ten 10 títulos de doutoramento en áreas tan diversas como a Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, a Teoloxía, a Filosofía, a Medicina, a Filoloxía Hispánica, a Historia, a Química ou a Economía. Ademais, pertence a numerosas Reais Academias e é o biógrafo de Leonardo Torres Quevedo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios