O PP provincial destaca a Vía Romana como referente internacional da viticultura heroica e o dinamismo da Ribeira Sacra

Os populares puxeron a Vía Romana como un elemento fundamental como motor turístico e económico  para o rural de Lugo nesta zona da provincia; destacando que desde o interior de Galicia se pode liderar o mercado do viño de alta gama, atraendo enoturismo de calidade e exportando a marca Ribeira Sacra.

Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron un encontro en Chantada co equipo de Vía Romana, xuntanza na que coñeceron de primeira man as instalacións desta adega histórica e que se converteu nun piar fundamental da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Os deputados populares, acompañados polo alcalde de Chantada, Manuel Varela, destacaron as condicións únicas en que se traballan os viñedos, marcadas por unhas pendentes verticais que requiren un labor estritamente manual e artesanal. “Este esforzo é un exemplo maxistral de viticultura heroica que non só produce viños excepcionais, senón que custodia e embelece unha paisaxe única no mundo”, sinalaron.

Os deputados comprobaron como en Vía Romana manteñen intacto o seu compromiso coa calidade a través dunha elaboración pausada e respectuosa co ciclo natural da uva mencía e godello, destacando ademais a capacidade da adega para modernizar as técnicas sen perder a esencia do viño tradicional galego, libre de présas e cheo de identidade.

“Vía Romana é un elemento fundamental como motor turístico e económico imprescindible para o rural de Lugo nesta zona da provincia. Esta adega demostra que desde o interior de Galicia se pode liderar o mercado do viño de alta gama, atraendo enoturismo de calidade e exportando a marca Ribeira Sacra aos cinco continentes con orgullo e valores éticos”, recalcaron.

Comparte éste artículo
No hay comentarios