O Compostela resiste o inferno de Badalona e volve á Segunda Federación

O Compostela fixo boa a segunda vía e subiu a Segunda Federación logo de perder en Badalona por 2-0. Os galegos fixeron bo o 3-0 da ida e, tras rematar o primeiro tempo sen apañar goles, sufriron na parte final porque Bermúdez anotou o 1-0 e Maceira, en propia porta, antes do prolongamento, complicou o resultado. Paradoxal que o mellor goleador dos galegos tamén sumara na contra no derradeiro partido da campaña. O resultado tamén beneficia ao Silva, que evita o descenso.

Larrosa perdoa sobre un forno sintético

Non estivo cómodo o Compostela desde o comezo. Nin o calor, nn a presión adiantada do Badalona pemitiulle respirar con comodidade. Aos catro minutos, o cadro catalán puido recortar os tres goles en contra apañados en Santiago cunha cabezada de Júnior a centro de Josu. Álex Cobo andou áxil para rexeitar o balón abaixo do ariete local.
Aos doce minutos, Diawara desequilibrou á zaga compostelanista pola dereita do ataque local, pero o seu centro raso ao segundo pau non foi aproveitado por Larrosa, algo afastado para alcanzar a pelota.
Álex Cobo non quixo complicarse noutro disparo de Larrosa. O meta do cadro galego rexeitou evitando o primeiro gol aos 17 minutos. O Compostela sufría polas bandas e puido ser castigado no minuto 21 nunha acción de Joaco pola liña de fondo. O seu pase atrás foi xutado por Larrosa desde a área, pero a presenza de Uzal obrigou ao atacante a abrir demasiado o disparo, que foi desviándose da portería.
Larrosa tivo outra no minuto 25 aproveitando a distancia que lle deu Valín. O protagonista da primeira parte do partido non atinou co seu xute ao mandalo por riba do traveseiro.
O Compostela comezou a crear perigo cando o encontro alcanzaba a media hora. Antón ofreceuse en dúas saídas. Na primeira, deu un pase para a carreira en solitario de Samuel, pero o centrocampista non correu ben e acabou no chan logo da lixeira presión de Diawara.
Na segunda, Antón quixo gañar a banda, pero o seu toque longo non tivo precisión e perdeuse por fora da liña lateral.
Tras a pausa, e a charla intensa de Azparren a Josu, o Badalona volveu a atacar por medio de Diawara. O seu xute raso foi detido por Álex Cobo.
O último cuarto de hora mantivo a presión local, pero o Compostela, máis axustado, evitou que o Badalona tivera novas oportunidades para anotar.

Xogar sen ataque é xogar con lume

A segunda metade comezou con máis presión dos locais. Aos dous minutos, unha penetración por fóra de Larrosa continuou cun centro atrás para Júnior, que xutou a rentes da base do pau.
Despois, Álex Cobo meteu as luvas para sacar un disparo duro de Josu desde 25 metros.
Antón, que seguía sendo a referencia ofensiva galega, tentouno cun disparo afastado entre as dúas que tiveran os locais e, no minuto 55, conduciu a pelota cara adiante para finalizar cun golpeo contra o lateral externo da rede da meta local.
Respondeu o Badalona por medio de Joaco, que algo desequilibrado por Valín, non deu empurrar un centro de Josu desde a dereita.
Pouco antes da hora, os dous técnicos refrescaron os seus onces cunha dobre substitución nas primeiras xanelas de cada equipo.
No minuto 65, Robert Simón, sumado definitivamente ao ataque, puxo na área un centro alto. Kiko sacou de cabeza e, ao seu lado, Larrosa foi quen de aproveitar o balón perdido para cabecear moi perto do pau. Era a ocasión máis clara do Badalona.
Secho Martínez acababa de reforzar o sistema defensivo con outra dobre substitución cando o Badalona anotou. Ninguén se ocupou da marca de Bermúdez nun córner aberto ao segundo pau e o mediocentro local picou coa cabeza sen que Álex Cobo, nin Maceira, pegado ao pau, puideran rexeitar a pelota, Corría o minuto 69 e os cataláns abrían esperanzas para crer no imposible.
O Compostela puido fechalas antes da pausa da segunda metade, pero faltou precisión no derradeiro pase. Goris sacou a contra para Cañi, que correu a banda esquerda até o lateral da área. O pontés centrou ao punto de penalti para Maceira, pero Víctor chegou antes para desbaratar a ocasión no minuto 73.
No minuto 81, Álex Cobo e despois Ricki, sobre a liña de gol, evitaron o segundo tanto local nun dobre remate de Aso.
Víctor, que estivera moi nervioso no partido de ida, mantivo ao seu equipo na eliminatoria no minuto 87. O meta reduciulle o espazo a Cañi nunha contra. O exteriortemporizou desde o fondo temporizou, cedeu atrás a Maceira, que non estaba no seu mellor final de campaña, e o seu disparo foi detido polo meta local.
O partido apertouse para o prolongamento de seis minutos porque unha falta cometida en tres cuartos de Aarón Martínez foi pendurada á área por Josu. Maceira, querendo despexar, fixo un remate contra a súa propia meta, superou na saída a Álex Cobo e anotou o 2-0 para os locais.
Co Compostela totalmente desorganizado, sen ideas ofensivas, Toni Peris tivo a última ocasión do partido, pero xutou moi alto no minuto 95.

O Silva, salva

Ao final, festa en Santiago, focalizada inicialmente na praza da Quintana, onde os seareiros que non foron a Cataluña puideron ver xuntos o partido ao pé da catedral, pero tamén na Coruña, porque o ascenso compostelanista permite ao Silva evitar o arrastre da Sarriana e seguir na Terceira Federación.

Ficha

DOMINGO 21/06/2026 (12,30) Campo: MUNICIPAL (3.500)
C.F. BADALONA : 2 – S.D. COMPOSTELA : 0 (0-0)

BAD : Víctor; Robert Simón (Toni Peris 77’), Manrique (Albert 84’), Marco Martínez, De Marco (Pime 58’); Diawara, Bermúdez, Larrosa (Reche 84’), Josu, Joaco; Júnior (Aso 58’). Tre. Mikel Azparren. (Banco; Axel (g); Ayala; Sidibé; Guzmán).
COM : Álex Cobo; Valín, Kiko, Crespo, Ricki; Parapar (Cañi 67’), Uzal, Samuel (Aarín Martínez 86’), Adrián (Goris 58’); Antón (Unai 67’), Carlos (Maceira 58’). Tre. Secho Martínez. (Banco: Graumann (g); Zubanović; Diego Rodríguez; Rosón).
Goles: 1-0 Bermúdez 69’; 2-0 Maceira 89’(pp).
Árbitro: Pacheco Guijarro (Baleares). Auxiliares: Corbelle Huelin e Ortín Rodríguez. 4º árb.: Reus Porras.
Disciplina: CA: Valín 43’; Adrián 57’; Maceira 73’; Álex Cobo 87’; Aarón Martínez 89’.

Comparte éste artículo
No hay comentarios