Este traballo ten o limiar dunha das máis ilustres figuras en hidrobioloxía a nivel mundial, o Doutor Fernando Cobo Gradín. Ten o epílogo de Pepe Casal, técnico de pesca de acreditado renome. E recupera o artigo “O cero e o infinito” do noso compañeiro de pesca Juan J. Moralejo Álvarez (1941-2012)
O libro fai un percorrido con todo luxo de detalles dende os anos 30 do século pasado cando Galicia aínda vivía o esplendor da Cultura Salmoneira analizando cuestións de senlleira importancia como a construccións dos encoros e a influencia negativa nas poboacións de salmón nos ríos galegos.
Incluímos os artigos de Pablo Caballero (Técnico da Xunta de Galicia) publicados en Xornal Trueiro sobre a recuperación das poboacións de salmón atlántico en Galicia, a evolución recente da poboación de salmón atlántico no río Ulla, o seguimento das poboacións de salmón atlántico, os métodos de estudo e seguimento e a situación actual do salmón no río Ulla
O libro recréase na bioloxía do salmón, na freza, mas repoboacións e no programa Salmon Track e NASCO Smoltrack (seguimento no mar).
Os coutos salmoneiros do Ulla saen reflectidos con todo luxo de detalles de máxima importancia para os pescadores e para os amantes do Medio Ambiente.
O libro detalla os 25 últimos anos da pesca do salmón no Ulla cos gañadores do Concurso do Salmón e cos primeiros salmóns de cada temporada.
Conclúe o traballo coas táboas de capturas de salmón en Galicia dende 1949 e a comparativa de capturas dos últimos anos.
Apunte biográfico dos autores:
MIGUEL ANTONIO PIÑEIRO MOURE
Nado en Catoira. 1960.
Escritor e xornalista.
Foi locutor en Noroeste de Radio e Televisión.
Foi Director de Programas da Radio Galega e Xefe Comercial e Marketing da Crtvg.
Foi director do programa “Ríos e Montes”.
Colaborou con Jara y Sedal, Canal Campero, Trofeo, Caza y Pesca, Federpesca, Solo Pesca, La
Región, El Progreso e El Correo Gallego.
Impulsor do Museo da Pesca de A Pontenova e co-fundador do Xornal Trueiro.
Membro do Consello Galego de Pesca e ten a Carta de Artesán nº 3.873 da Xunta de Galicia.
9 libros publicados.
Premio da FGPD, Premio da AGXD, “Salmón de Ouro” da Festa do Salmón de A Estrada e “Troita de Ouro” da Festa da Troita e “Fillo Adoptivo” de A Pontenova.
ALBERTO TORRES ROCA
Nado en Ferrol. 1972.
Escritor e xornalista.
Traballou en Radio Coruña-SER, Radio Voz e no xornal deportivo DXT Campeón, rotativo do que foi
director.
Impulsou as páxinas de pesca e medio ambiente en Editorial La Capital.
Foi co-fundador e director do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro.
Foi director técnico do Congreso de Pesca de Beche (Abegondo) e coordinador de medios do Encontro Internacional de Prensa de Vilagudín (Ordes).
Participou en numerosos congresos de prensa especializada en pesca e medio ambiente.
Ten publicados tres libros de pesca.
Premio da FGPD, Premio da AGXD e “Troita de Ouro” da Festa da Troita de A Pontenova.