Lugo suma un novo proxecto empresarial que reforzará a oferta de servizos na contorna do Casco Histórico

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e a concelleira de Industria e Mercados, Silvia Colmenero, mantiveron esta mañá unha reunión cos responsables de Supermercados Dia, que lles trasladaron o estado no que se atopa o proxecto para a implantación dun novo establecemento na rúa Aguirre, no local que ocupaba o antigo Intersport.

Durante o encontro, o gerente de inmuebles, Rafael José Pallares, e o Director Regional de Dia en Galicia, Diego Rey, explicaron que nestes momentos están a traballar na redacción do proxecto, co obxectivo de avanzar na súa tramitación e facer posible a apertura do novo supermercado a principios do ano 2027.

Segundo explicaron, este supermercado suporá a creación de 10 postos de traballo. O novo establecemento ampliará a oferta comercial e de servizos de proximidade nunha zona céntrica de Lugo, situada nas inmediacións do Casco Histórico.

A alcaldesa agradeceu aos responsables da empresa a súa confianza en Lugo e destacou a importancia de que novas iniciativas empresariais continúen apostando pola cidade:»Cada empresa que decide investir en Lugo está contribuíndo a facer unha cidade con máis oportunidades. É unha boa noticia porque crea emprego, dinamiza a actividade económica e incorpora novos servizos para a veciñanza nunha zona moi próxima ao Casco Histórico, onde queremos seguir favorecendo que haxa vida, actividade e servizos que fagan máis cómodo o día a día das persoas», sinalou Elena Candia.

A alcaldesa reiterou o compromiso do Goberno municipal de manter unha colaboración estreita co tecido empresarial para favorecer novos investimentos que contribúan á creación de emprego, á dinamización da economía local e á mellora dos servizos que se ofrecen á cidadanía.

Comparte éste artículo
No hay comentarios