A Deputación de Lugo aglomera en Navia de Suarna a vía que une Louxas co límite provincial de Asturias

Este xoves comezaron os traballos de pavimentación, que obrigaron a cortar esta estrada, a LU-P-3506, previsiblemente unha semana. O proxecto afecta aos algo máis de catro quilómetros de trazado e conta cun investimento da institución de 325.000€.

A Deputación de Lugo avanza en Navia de Suarna nas obras de rehabilitación integral da LU-P-3506, que é a estrada que conecta Louxas co límite provincial de Asturias á altura de Valdeferreiros. Este xoves arrancaron os traballos de pavimentación, que obrigaron a cortar esta estrada previsiblemente unha semana. O proxecto afecta aos algo máis de catro quilómetros (4,483 km) de trazado e conta cun investimento da institución de 325.000€.

As obras, que está a realizar a empresa Hordescón SL, comezaron coa reapertura de cunetas e continúan hoxe coa repavimentación do firme con aglomerado en quente. O próximo paso será a reposición dasinalización horizontal mediante o pintado de marcas reflexivas brancas. 

Esta vía comunica varios núcleos rurais, polo que é utilizada habitualmente polos veciños e veciñas da contorna, ademais, dá acceso e servizo diferentes zonas de sendeirismo e á igrexa de Valdeferreiros, un dos elementos patrimoniais da Montaña. Estes traballos da Deputación virán mellorar as comunicacións da comarca neste punto, reforzando a seguridade viaria e facilitando a mobilidade da veciñanza nunha zona estratéxica dos Ancares, ao tempo que impulsa o acceso aos recursos naturais e patrimoniais do municipio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios