A Deputación da Coruña inicia as obras de reforzo do firme nas estradas DP-3204 e DP-3202, en Curtis e Vilasantar

Supoñen un investimento de máis de 326.000 euros e teñen un prazo de execución de tres meses.

A Deputación da Coruña iniciou hoxe os traballos de reforzo do firme nas estradas provinciais DP-3204 e DP-3202, nos concellos de Curtis e Vilasantar. As obras suponen un investimento de máis de 326.000 euros teñen un prazo de execución de tres meses.

A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións de seguridade viaria, renovar a capa de rodadura e preservar o bo estado da rede provincial de estradas, especialmente tras o deterioro detectado no firme como consecuencia dos efectos climáticos do pasado inverno.

Na DP-3204, os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 1+070 e 1+700. A intervención inclúe saneos puntuais da capa superficial, a extensión dunha nova capa de rodadura con mestura asfáltica en quente e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Na DP-3202, a actuación realizarase entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+800, con traballos similares de saneo, reforzo do firme, sinalización e balizamento do vial.

Desde a Deputación subliñan que estas obras forman parte do compromiso da institución provincial coa conservación e mellora da rede viaria provincial, fundamental para garantir a mobilidade e a seguridade da veciñanza nos concellos da provincia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios