A Deputación da Coruña destina 962.000 euros a 52 concellos da provincia para realizar actividades de promoción económica

As propostas abranguen dende feiras de emprego como ‘A Laracha Conecta’ ou ‘Innovames 2026’ ata campañas de dinamización do comercio, o turismo ou festas gastronómicas e culturais.

A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución da liña de axudas a concellos para a realización de actividades de promoción económica nos concellos da provincia. Na convocatoria deste ano resultaron beneficiarios 52 concellos, que se repartirán 962.953,75 euros.

Entre as actividades subvencionadas atópanse feiras de emprego como ‘A Laracha Conecta’ ou ‘Innovames 2026’, campañas de dinamización do comercio ou turismo, ou festas gastronómicas e culturais con elevado retorno económico para os municipios nos que se celebran.

O vicepresidente da Deputación e titular de Turismo, Xosé Regueira, destaca que “nesta casa temos claro que o noso cometido é apoiar os concellos nas súas necesidades, e este tipo de convocatorias son boa mostra desa vontade”. As 52 actividades beneficiarias “son elementos dinamizadores chave para a economía local”, por iso “merecen ser axudadas polo concello dos concellos”.

Para Regueira é “vital que a Deputación se implique na promoción das actividades económicas dos concellos, pois unhas entidades locais fortes fan unha provincia forte e socialmente activa”.

Listado das entidades beneficiarias

  • XXII Edición da Festa da Filloa da Pedra da Baña — Concello da Baña — 10.500,00 €
  • Semana de Emprego: A Laracha Conecta — Concello da Laracha — 28.200,00 €
  • Actividades de promoción económica Abegondo 2026 — Concello de Abegondo — 6.080,00 €
  • Innovames 2026. Impulso económico e innovación para o futuro local — Concello de Ames — 17.546,00 €
  • Alfombras florais Concello de Ares 2026 — Concello de Ares — 9.720,00 €
  • IV Mercado de Nadal e acendido de luces — Concello de Arteixo — 17.500,00 €
  • Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local, feiras de Nadal e da hostalería — Concello de Arzúa — 30.000,00 €
  • Impulso e desenvolvemento económico de Betanzos — Concello de Betanzos — 30.000,00 €
  • 12ª Edición Magrego – Feira de Maquinaria Agrícola, Forestal e Produtos Ecolóxicos — Concello de Boimorto — 18.840,00 €
  • Realización de Feira de Emprego 2026 — Concello de Boiro — 14.930,00 €
  • Campaña de Nadal — Concello de Boqueixón — 10.374,18 €
  • Mercado local de Brión: O produto de Brión ao teu alcance — Concello de Brión — 4.500,00 €
  • Plan de dinamización turística, cultural e económica de Camariñas para o ano 2026 — Concello de Camariñas — 15.000,00 €
  • II Festival Onda Bocata Fest — Concello de Carballo — 22.500,00 €
  • XIII Mostra de Promoción Local Víndemo Ver — Concello de Carnota — 18.271,68 €
  • Festa da Empanada e campañas de promoción económica de Carral 2026 — Concello de Carral — 12.540,00 €
  • VII Edición do Concurso de Tapas de Outono 2026 — Concello de Cedeira — 9.900,00 €
  • DP0043 2026: Actividades de promoción do comercio local de Cee durante o ano 2026 — Concello de Cee — 18.000,00 €
  • Campaña de Nadal en Corcubión 2025 — Concello de Corcubión — 11.400,00 €
  • XLIV Festa da Pataca — Concello de Coristanco — 30.000,00 €
  • Alugueiro de iluminación ornamental de Nadal para o comercio local do Concello de Culleredo — Concello de Culleredo — 19.920,86 €
  • Actividades de fomento e dinamización do sector económico e turístico — Concello de Fene — 10.000,00 €
  • Campaña de Nadal — Concello de Fisterra — 8.700,00 €
  • Campañas de promoción do comercio e a hostalaría do Concello de Laxe (anualidade 2026) — Concello de Laxe — 9.000,00 €
  • Promoción económica do comercio e hostalaría do Concello de Malpica de Bergantiños 2026 — Concello de Malpica de Bergantiños — 9.000,00 €
  • Organización da XXXVI Festa do Marisco da Ría do Barqueiro 2026 — Concello de Mañón — 17.284,75 €
  • Promoción do comercio e Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide — Concello de Melide — 30.000,00 €
  • Miño: Promoción económica en CaMiño — Concello de Miño — 21.120,00 €
  • Organización da VIII Feira do Queixo de Moeche — Concello de Moeche — 8.505,00 €
  • XXXIV Festa do Polbo do Concello de Mugardos — Concello de Mugardos — 30.000,00 €
  • XXI Edición das Xornadas de Cultura Mariñeira «Muros Mira ao Mar» — Concello de Muros — 30.000,00 €
  • Rutas do Mar 2026 — Concello de Muxía — 10.000,00 €
  • Promoción e difusión do XV Oenach Atlántico 2026 — Concello de Narón — 30.000,00 €
  • Festa do Pan de Neda 2026 — Concello de Neda — 30.000,00 €
  • Promoción económica 2026 — Concello de Negreira — 9.000,00 €
  • Mercar no Nadal en Noia — Concello de Noia — 30.000,00 €
  • Actividade de dinamización da hostalaría local (música na rúa) e de exaltación da apicultura (Feira do Mel) — Concello de Oleiros — 13.800,00 €
  • XXXV Festa do Champiñón do Concello de Ordes — Concello de Ordes — 20.000,00 €
  • Feira GastroLexítimo 2026 — Concello de Paderne — 10.000,00 €
  • Campaña de promoción do pequeno comercio local 2026 — Concello de Ponteceso — 17.500,00 €
  • II Feirón do Queixo — Concello de Pontedeume — 26.859,00 €
  • Feira Artesanal e Mariñeira «ARTEMAR» – Festa do Polbo de Palmeira – Rutas en Catamarán pola ría «Procesións do Carme» e Rutas Turísticas Guiadas por Terra e por Mar «Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas» — Concello de Ribeira — 20.500,00 €
  • Festas de interese turístico San Roque – Sardiñada 2026 — Concello de Sada — 30.000,00 €
  • XXIX Feira da Plantación, XVII Feira Rural e Campaña «Polo Nadal, consumo local» para o ano 2026 — Concello de San Sadurniño — 14.762,28 €
  • XXV Feira da Troita do Concello de Sobrado para o ano 2026 — Concello de Sobrado — 12.000,00 €
  • Organización da Feira Cabalar de San Martiño de Teo 2026 — Concello de Teo — 30.000,00 €
  • Proxecto de promoción económica e dinamización comercial no Concello de Tordoia 2026 — Concello de Tordoia — 6.400,00 €
  • Promoción económica Feiras de Abril 2026 — Concello de Val do Dubra — 25.000,00 €
  • Proxecto de posta en valor e promoción socioeconómica do Entroido dos Xenerais da Ulla no Concello de Vedra — Concello de Vedra — 21.000,00 €
  • 2026 Promoción Económica Vimianzo — Concello de Vimianzo — 30.000,00 €
  • Campaña de promoción do comercio local 2026 — Concello de Zas — 16.800,00 €
  • Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Concello do Pino — Concello do Pino — 30.000,00 €
Comparte éste artículo
No hay comentarios