Din que o día 15 de agosto non podería entenderse en Galiza sen as festas. O día no que é máis caro contratar unha orquestra é tamén día de fútbol. Alén da estrea oficial na Segunda División do Celta Fortuna co éxito do empate sen goles no Nuevo Mirandilla gaditano e á espera do arrinque do Deportivo o luns contra o Elche, o fútbol agroma por todas partes durante unha nova fin de semana de pretemporada para os das ligas non profesionais.
Unha fin de semana que comezou o venres e que remata o domingo sen o Celta-Osasuna por culpa dun fungo, pero que mantén o seu partido oficial para os galegos de categoría estatal en Xinzo de Limia, onde Antela e Boiro queren un lugar na final da fase galega da Copa RFEF xunto ao Bergantiños.
Estes son os partidos que foron e os poucos que queden destes catro días:
Oficiais masculinos:
Primeira División
LUNS 17/08/2026 (21,00) Campo: RIAZOR R.C.D. A CORUÑA : – ELCHE C.F. :
Copa RFEF-Galiza
DOMINGO 16/08/2026 (18,00) Campo: A MOREIRA ANTELA F.C. : – C.D. BOIRO
Árbitro: González Rey (Galiza-Ourense). Auxiliares: González Castelao e Añel Fernández.
Amigables masculinos
VENRES 14/08/2026
XLIII Trofeo Vila de Cambados (3×1). Partido 1: Burgáns (Cambados): AROSA S. CULT. Vilagarcía – R.C.D. FABRIL: 1-1
XLIII Trofeo Vila de Cambados (3×1). Partido 2: Burgáns (Cambados): R.C.D. FABRIL – S.D. COMPOSTELA Santiago: 2-2
XLIII Trofeo Vila de Cambados (3×1). Partido 3: Burgáns (Cambados): S.D. COMPOSTELA Santiago – AROSA S. CULT. Vilagarcía: 1-0
Amigable. Oira (Ourense): OURENSE C.F. – C. LEMOS Monforte: 0-2
Amigable. Ponte dos Brozos (Arteixo): AT. C. ARTEIXO – C.D, MARTE A Coruña: 3-0
Amigable. Barreiro (Lavadores): GRAN PEÑA F.C. Lavadores – U.D. ATIOS: 2-1
Amigable. Alcalde Manuel Candocia (Somozas): U.D. SOMOZAS – SAN TIRSO S.D. Mabegondo: 1-1
SÁBADO 15/08/2026
XXXVII Trofeo Villa de Foz: Martínez Otero (Foz): C.D. LUGO – CORUXO F.C.: 2-1
Trofeo Centenario do Tyde F.C.. Alvarez Durán (Tui): PONTEVEDRA C.F. – OURENSE C.F.: 2-1
Amigable. Arsenio Iglesias (Mabegondo): R.C.D. FABRIL A Coruña – C.D. ARENTEIRO Carballiño: 5-1
II Memorial Patolas. José Arjiz (Verín): VERÍN C.F. – U.D. OURENSE: 2-2 / 2-4
I Trofeo Amizade. O Morrazo (Cangas de Morrazo): ALONDRAS C.F. Cangas de Morrazo – S. CULT. D. ATLÁNTIDA MATAMÁ: 3-0
Amigable. A Bouza (Illa de Arousa): CÉLTIGA F.C. Illa de Arousa – C.J. CAMBADOS: 3-1
LV Trofeo Festas Patronais. A Pinguela (Monforte de Lemos): C. LEMOS Monforte – CEN. DPTES. BARCO de Valdeorras: 3-1
LV Trofeo Leopoldo González Pombo. Baltar de Arriba (Sanxenxo): C. PORTONOVO S.D. – PONTEVEDRA C.F. B: 1-1 / 3-2
LXI Trofeo San Roque. García Irmáns (Betanzos): BETANZOS C.F. – SILVA S.D. A Coruña: 2-1
XLVIII Trofeo Cidade de Viveiro. Cantarrana-Kiko Rey (Viveiro): VIVEIRO C.F. – S.D. SARRIANA Sarria: 2-0
DOMINGO 16/08/2026
Amigable. Sangoñedo (Chantada): S.D. CHANTADA – C.D. LALÍN: 18,30
Amigables femininos
VENRES 14/08/2026
Amigable. San Sebastián (Valdés): R. AVILÉS IND. C.F. – R.C.D. A CORUÑA B: 0-3
Amigable. Rodrigo García Vizoso (A Coruña): VICTORIA C.F. A Coruña – VICTORIA F.C. Santiago de Compostela: 5-1
SÁBADO 15/08/2026
II Trofeo Vila de Bouzas. Baltasar Pujales (Vigo): R.C. CELTA Vigo – SP. C. BRAGA B (PRT): 5-0
Amigable. A Madroa-3 (A Madroa): R.C. CELTA SP. Vigo – S. CULT. D. PONTECALDELAS: 14-0
DOMINGO 16/08/2026
Amigable. Ciudad R. Madrid-7 (Madrid): R. MADRID C.F. – R.C.D. A CORUÑA: 20,00
X Trofeo Concello de Sanxenxo. San Pedro (Vilalonga): AT. VILLALONGA F. FEM. Vilalonga – ESC. F. FEM. ROSALÍA Ourense: 18,00
Amigable. A Gándara (Valadares): C.D. VALLADARES Valadares – DOMAIO F.C.:
Amigable. Sinde B (O Val): S.D. O VAL DE NARÓN – C.D. NARÓN: 20,00
Curiosidades
Pontevedra e Ourense C.F. xogan para non lastimarse na celebración dun falso centenario
O de Tui foi como un castigo divino por inventarse o centenario do terceiro Tyde F.C. da historia. Os porcos bravos estragaron o céspede do Álvarez Durán durante a semana. A opción de xogar no anexo sintético non se puido dar porque o roupeiro do Pontevedra non levou as botas dos seus xogadores para esa superficie e, finalmente, os colexiados desgnados non se presentaron, polo que houbo que chamar a outros que sacaron adiante o partido 45 minutos máis tarde da hora prevista. O actual Tyde FC é de 1965, non de 1926. O primeiro, fusionado con outro cadro tudense, desapareceu en 1929.
A U.D. Ourense esperta a tempo para levar o Patolas
Perdín por 2-0 a poucos minutos para rematar o partido. Baldrich e Rufo forzaron os penaltis e os unionistas derrotaron na quenda ao Verín como Rielo detendo dous lanzamentos aos locais.
Lugo: un lustro para devolverlla ao Coruxo
Cinco anos pasaron para que o Villa de Foz xuntara a Lugo e Coruxo. Na edición do 2021 os do Vao venceran por 0-3, algo que non permitiron esta vez ao branco e vermellos, que gañaron o trofeo nas últimas tres edicións nas que o xogaron: 2023 ao Compostela nos penaltis, 2025 á Leonesa, ademais do actual. A última derrota luguesa data do 16/07/2022, cando a Ponferradina lle gañou no Martínez Otero por 0-2.
O Lemos crece no seu trofeo
28 veces gañou o Lemos o trofeo das festas patronais monfortinas. Desta repetiu título fronte ao rival de 2025. o Barco, unha categoría superior, a quen derrotou por un gol máis que hai un ano. Os de Monforte, con Alberto López á fronte, parecen ir en serio a por un ascenso do que ficaron ás portas hai unhas semanas. Chegaban ao seu trofeo logo de derrotar no día anterior ao Ourense C.F. nun adestramento en Oira,
Juan Luis Guerra mandou o González Pombo a Baltar de Arriba
Foi hai pouco máis dun mes pero o céspede de Baltar continúa recuperando logo de como ficou tras un concerto de Juan Luis Guerra. Iso fixo que o González Pombo 2026 se trasladara uns metros máis arriba, ao Baltar de Sanxenxo onde o Portonovo, malia que fora por penaltis, recuperou o seu trofeo tras a derrota contra o Céltiga da pasada campaña. A súa vítima foi o Pontevedra B, cuxo primeiro equipo foi o último vencedor dunha edición na que non participaran os locais (2021).
Asperezas limadas
Na pasada pretemporada houbera un infeliz desencontro entre as directivas do Viveiro e da Sarriana debido a que o último, a última hora, por mor dun compromiso de Copa RFEF, desbotara a posibilidade de xogar o Memorial Antonio Tarrio. Un ano despois, afortunadamente coas augas calmas, ambos equipos víronse as caras noutro amigable ás beiras do Landro. O Viveiro gañou o trofeo do seu concello por vixésimo segunda veZ poñendo máis distancia sobre o segundo en número de trofeos, o Racing de Ferrol, que no Cantarrana-Kiko Rey gañou seis. A Sarriana era a primeira vez que participaba no evento.
Para o Betanzos as impares
Tanto ten contra quen xogue, malia que sexa de maior categoría, coma neste caso. O certo é que o San Roque con máis edicións do fútbol galego, o de Betanzos, foi gañado polos locais ao Silva, vingando o resultado da edición anterior. Desde 2019, o cadro da Cidade dos Cabaleiros gaña as edicións impares e perde as pares (a 56ª o Racing Villalbés, a 58ª o Fabril e a 60ª, que foi a de 2025, o Silva). En Betanzos perderon a conta e desde hai varias temporadas contabilizan mal as edicións. Para os organizadores van 58, para a realidade histórica van 61 desde a primeira, en 1963, na que o Racing venceu ao Deportivo no Carregal. Non é ao único que lle pasa.
Feminino: Bouzas é do Celta e de David Ferreiro
No feminino, o Celta tivo compromisos para os seus dous equipos sénior. O cadro de Segunda Federación foi quen xogou trofeo, a segunda edición do Vila de Bouzas para mulleres, que nesta ocasión deixou a súa “triangularidade” para converterse en internacional. As dúas edicións foron para o equipo de David Ferreiro, que na pasada campaña inaugurou o cadro de campións co Celta B (agora Celta Sp.) e nesta ocasión co primeiro equipo das celestes.
Foto: Betanzos e Silva na foto de familia tras a celebración do San Roque máis popular e antigo dos homónimos galegos. © Silva S.D.