O Concello de Lugo reorganiza o servizo de limpeza para que as traballadoras desenvolvan a súa xornada de luns a venres

En resposta a unha pregunta formulada polo BNG sobre a situación do convenio do persoal de limpeza, o Goberno municipal aproveitou para lembrar os pasos que se deron para mellorar a organización da xornada das traballadoras do servizo.

Neste sentido, desde o 1 de setembro o Concello reorganizou o servizo mediante un novo plan de traballo que permite que a xornada ordinaria das traballadoras se desenvolva de luns a venres.

Esta reorganización permite adaptar a prestación do servizo ás necesidades reais do Concello, evitando a xornada ordinaria dos sábados e mantendo, ao mesmo tempo, a posibilidade de reforzar o servizo cando circunstancias concretas así o requiran.

Comparte éste artículo
No hay comentarios