O banco aumenta a eficacia e o Lugo vira o resultado en Avilés

O Lugo segue ao grande. Nun partido que lle volveu as costas axiña cun gol de Santamaría, foi quen de darlle a volta con paciencia e co acerto de Borja Fernández movendo as pezas coma un gran mestre de xadrez. Cunha voracidade mal lembrada, o Lugo penalizou un esvarón de Prendes, montou un dous contra dous e Álex Costa anotou o seu primeiro gol de branco e vermello. Na derradeira xogada, logo dunha grande intervención de Marc Martínez, o cadro galego montou outra contra culminada por Godoy, que con algo de fortuna asinou tamén o seu primeiro gol co equipo e vitoria.

Santamaría sorprende ao Lugo

O partido non comezou ben para o Lugo, que axiña viuse por debaixo no marcador por primeira vez na liga. Non pasaran seis minutos cando o Avilés anotou na segunda chegada. Primeiro, o aviso fóra aos dous minutos nun disparo de Abelenda que salvou Marc Martínez cunha estirada. No cinco, un desmarque de Santamaría, que gañou o espazo a Gárriz, foi atendido por Samu Mayo para servir ao dianteiro realavilesino que esquivou ao meta visitante e anotou por terceiro partido consecutivo.
O Lugo reaccionou ben ao gol en contra. Mellorou o tempo de posesión e foi progresivamente xogando máis tempo na parcela defendida polos locais. Ratón defendeu ben un dobre disparo dos lugueses no minuto once. Primeiro rexeitou o golpeo de Chiqui, pero máis espectacular estivo na continuación, cando desviou un remate máis claro de Kevin.
Chiqui, antes da media hora, rozou o gol nun libre directo que pasou lambendo a escuadra logo que o coiro rozara na barreira.
Faltaba o aporte de Palma nas presións e nas contras. A súa primeira acción salientable foi nunha condución coa defensa avilesina correndo po detrás. Ulloa o habilitara cun pase, pero ao mexicano faltoulle recurso na finalización, que acabou cun xute polo medio salvado polo meta local.
O Lugo apertou máis ao Avilés na parte final do primeiro tempo. Dauda non deu rematado un pase de Palma e, na seguinte, aproveitando a mala medida entre liñas dos locais, Chiqui tivo a opción con outro balón ao espazo que xutou desviado.
Ao descanso chegouse cun disparo de Montes que chapou Marc Martínez.

A remonta vén do banco

O Lugo comezou mandando canda a volta dos vestiarios. Un dominio sen atopar fendas na defensa local anulou ese control lugués. Gárriz, con doenzas no cadril, debeu retirarse, pero as substitucións máis importantes foron as que decidiu Borja Fernández para afrontar o derradeiro cuarto de xogo. A entrada de Gallar e Álex Costa mudou a efectividade porque a primeira ocasión que tivo o madrileño valeu para empatar. Prendes, ex do Arenteiro, esvarou nun despexe e o Lugo aproveitou para montar unha contra mortal na que Chiqui foi o pasador e Álex Costa o finalizador. O empate facía xustiza ao que acontecía sobre o céspede.
Yago Iglesias quixo tomar a iniciativa cunha tripla substitución. O Lugo mantivo a orde e a iniciativa de cara ao remate do xogo. O máis importante polos locais, no segundo dos oito minutos de prolongamento, foi un xute de Mahicas que acabou na rede, pero polo seu lateral externo. O partido volveuse tolo nos instantes finais.
Álex Costa tiña o día e cazou no segundo pau un centro de Simón e deixou o coiro na rede. Era o minuto 95, pero Pacheco Cotero invalidou o seu remate por unha falta sobre Artetxe. A revisión da xogada no monitor ampliou o tempo de prolongamento. Logo da pausa, o Avilés tivo o triunfo na bota de Samu Mayo. O ex xogador do Pontevedra asomouse ao balcón da área e disparou. O coiro rozou nun defensa visitante e, nun recorrido cheo de suspense, lambeu o pau da meta defendida por Marc Martínez.
Logo do saque de esquina foi Mahicas quen gozou da ocasión. O seu xute, moi axustado, foi salvado pola estirada do meta forasteiro. O coiro desviado por Marc Martínez foi recollido pola defensa e o Lugo montou a contra, Godoy ofreceuse por diante, recibiu a pelota e cun disparo desde a frontal, que tamén rozou nun rival, deu a quinta vitoria ao Lugo despois que a pelota collera unha parábola imposible de defender por Ratón. O Lugo volve durmir líder á espera que o Fabril lle dea unha axuda puntuando o domingo na visita ao Nuevo Las Gaunas contra o Logroñés.
Un gol de Luismi al filo del descanso ayudó a derrotar por 3-1 al La Roda. El Lugo quedó con diez por la expulsión de Rubén García a tres minutos del final, pero el resultado no se movió y los manchegos salieron vacíos en s única visita al Ángel Carro.

Ficha

VENRES 02/10/2026 (19,00) Campo: ROMÁN SUÁREZ PUERTA (3.500)
R. AVILÉS IND. C.F. : 1 – C.D. LUGO : 2 (1‑0)

AVI : Ratón; Yago Rodríguez (Sillero 80’), Prendes, Artetxe, Osky; Montes, Natalio (Pitu 56’), Samu Mayo, Abelenda (Neskes 74’), Cayarga (Mahicas 74’); Santamaría (Íñigo Muñoz 74’). Tre. Yago Iglesias. (Banco: Marco (g); Carmona; Santi Franco; Romeo; Lidueña).
LUG : Marc Martínez; Lucero, Gárriz (Kike 51’), Pol Moreno, Pere Haro (Simón 51’); Palma, Parrilla, Kevin (Álex Costa 65’), Ulloa, Chiqui (Godoy 83’); Dauda (Gallar 65’). Tre. Borja Fernández. (Banco: Embadje (g); Candal (g); Achore; Hugo Pascual; Perera; Berzal; Mateo).
Goles: 1-0 Santamaría 5’; 1-1 Álex Costa 68’; 1-2 Godoy 90’.
Árbitro: Pacheco Cotero (Cantabria). Auxiliares: Álvarez Borbolla e Peña Peña. 4º árb.: Álvarez Ordóñez.
Disciplina: CA: Yago Iglesias (tre. AVI) 63’ // VD: Ignacio Villar (fisio AVI) 90’; Roberto Díaz (med. LUG) 90’.

Comparte éste artículo
No hay comentarios