A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestras/es da Memoria 2026 respectivamente a Xulio do Canelo e a Yolanda Díaz Gallego, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregaránse no marco da XI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, que terá lugar o venres 23 de outubro, na sala de exposicións da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), a partir das 18:00 horas, con entrada libre até completar capacidade.
No acto, conducido por Lois Pérez, participarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antonio Reigosa, quen vai ler a laudatio de Xulio do Canelo, e Lucía Arroxo, quen lerá a laudatio de Yolanda Díaz Gallego.
A actividade contará tamén co compañamento musical de Secho.