Os deputados do Grupo Provincial Popular critican que os nacionalistas tenten apropiarse da lingua, sigan en contra do galego e do consenso e se neguen a apoiar unha iniciativa aprobada co respaldo de PP e PSOE.
Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderon hoxe una moción na que pretendía que a Deputación de Lugo apoaise de forma unánime o seu apoio á actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado no Parlamento de Galicia o pasado 7 de outubro, pero que “dende as filas do BNG empregaron para, unha vez máis, poñerse como propietarios da lingua galega e non ver o consenso ao que se chegou na defensa da lingua”.
Os deputados populares destacaron a importancia de manter o histórico escenario de consenso e unidade arredor do idioma, recordando que “o galego é a lingua propia de Galicia e as administracións públicas temos a obriga de garantir o seu uso normal e oficial, potenciando o seu emprego en todas as ordes da vida pública”.
A iniciativa, que se aprobou cos votos a favor de PP e PSOE e co voto en contra do BNG, tiña como fin respaldar o traballo impulsado polo Goberno galego no marco do Pacto pola Lingua, un proceso de diálogo no que participaron máis de 130 profesionais de diversos sectores e no que se recolleron máis de 1.400 achegas de institucións, entidades e particulares. O documento final, que inclúe preto de 700 medidas de promoción lingüística adaptadas ás novas formas de socialización, foi aprobado no Parlamento galego por unha amplísima maioría.
Para os deputados do Grupo Provincial Popular é fundamental que a Deputación de Lugo se sume a este gran pacto e traslade unha mensaxe clara de compromiso co idioma e coa convivencia lingüística.