Silvia Tasende Cotelo presenta na Despensa de Saa o poemario “Pel Memoria”

Silvia Tasende Cotelo presenta o poemario “Pel Memoria”, finalista do XIII Certame de Poesía López Ardeiro. Pel Memoria (Editorial Medulia, 2026) presenta unha voz poética feminista que se recrea nas vivenzas experimentadas polos sentidos.
Unha voz feminista e entusiasta que se recrea no seu desexo, como algo propio e históricamente arrebatado ás mulleres. Ás veces se deixa arrastrar pola paixón e, outras veces, reflexiona sobre o mesmo desexo chegando a invocalo como a maxia precisa para vivir con plenitude.

A voz poética está chea de entusiasmo e festexa ese optimismo como a mellor maneira de achegarse á vida. Tendo en conta que cando pasamos por unha mala etapa e nos deprimimos, perdemos o apetito por vivir e por sentir. Coa abulia perdemos o desexo e a vida temén perde sentido. Por iso o eu poético chega a desexar o propio desexo. Pola contra, as ansias de vivir lévanos a atopar o placer en todos os recantos. Por

En Pel Memoria a paixón vai da man do amor que se presenta de moi distintos xeitos: amor experimental, amor pausado, desamor, amor lembrado e o amor propio.

O poemario Pel Memoria contén 500 versos e está orixinalmente escrito en galego aínda que se presenta nunha edición bilingüe en formato espello co fin de chegar aos lectores hispanofalantes.

Silvia Tasende é xornalista e docente de ensino secundario de Lengua Castellana e Literatura. Anteriormente ten publicada a novela O Espírito das Maceiras coa que xa vai pola terceira edición (Editorial Medulia, 2024).

Comparte éste artículo
No hay comentarios