O Local Social do Montiño, en San Xoán de Laíño (Imo), convert etcétera o vindeiro sábado 21 de novembro no epicentro da música e o baile tradicional de Galicia coa celebración do Certame Folclórico 2026.
A partir das 18:00 horas, este espazo acollerá unha xornada única de convivencia, lecer e posta en valor da nosa identidade cultural, organizada polo grupo folclórico Foliada do Montiño e a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño.
O certame reunirá unha ampla e destacada representación de agrupacións e artistas vinculados á música de raíz. O programa de actuacións contará co directo de:
- Mocidade da Torre 83
- A.F.C. O Pedrón
- Amaiante
- Os Mersenarios
- Rosendo o Gaiteiro de Avión
- A.C. Rosalía de Castro
- Xodó
- A.C. Arreixeira
- A Foliada do Montiño
Esta iniciativa nace co claro obxectivo de converterse nun punto de encontro indispensable para as persoas afeccionadas á cultura tradicional, ofrecendo un espazo idóneo para compartir, divulgar e manter vivas as expresións populares que definen o pobo galego.
Sorteos e unha gran foliada aberta ao público
A xornada non só estará protagonizada polos escenarios. Ademais das actuacións programadas, a organización levará a cabo diferentes sorteos entre as persoas asistentes.
Para poñer o broche de ouro ao evento, celebrarase unha foliada libre e aberta, pensada para que calquera persoa poida sumarse á festa achegando a súa música, o seu baile ou simplemente desfrutando do mellor ambiente festivo.
Un compromiso histórico coa cultura
O evento está impulsado pola AA.VV. de San Xoán de Laíño, unha entidade firmemente comprometida coa cultura, a lingua e o benestar da comunidade dende o ano 1990, coa intención de seguir dinamizando a actividade asociativa na parroquia e dar visibilidade ao labor de todas as agrupacións que manteñen o folclore galego máis vivo ca nunca.