Para facilitar o acceso á práctica regular de actividade física organizada de persoas adultas, o Concello de Oleiros oferta diversas actividades a través do programa Oleiros en forma
Principalmente están dirixidas a persoas con dores de costas ou cervicais, enfermidades reumáticas, con sobrepeso, algunha lesión deportiva ou que simplemente son sedentarias e queren comezar a realizar exercicio.
As persoas interesadas en informarse e participar en Oleiros en forma poden dirixirse á Fábrica, a calquera dos complexos deportivos municipais, ao teléfono 981610000 ou ao correo deportes@oleiros.org.