GALICIA 1936-2026. 40 anos de ditadura, 50 de democracia e a segunda transición

As eleccións do 29-N van ser con todas as evidencias un “referendo democrático” un test de “segunda transición”.

O Partido Galego non se presenta a estas Eleccións Estatais.

Coordinación Xeral do PG

A valoración feita polo Consello Nacional, adoptou esta decisión motivada por varios argumentos fundamentais, entre os que se atopan a necesaria concentración do esforzo orgánico nas eleccións municipais que seguen o seu ritmo paralelo na axenda electoral, tamén para evitar a dispersión de voto nun contexto de polarización de bloques e de “referendo democrático”, e para remarcar a nosa liña política claramente diferenciada de todas as propostas que se presentan en Galicia a estas eleccións Estatais.

En canto a axenda municipal, celebramos con notable éxito as Xornadas Municipais o sábado 14 de novembro, nas que participaron grupos do PG, outros que teñen previsto incorporarse ao partido con candidatura municipal e outros que participaron como convidados e que están a valorar cando e como xestionar a súa proposta de candidatura.

En canto a necesidade de evitar a dispersión de voto, ven motivada polo momento histórico que nos toca vivir, onde a confrontación estatal en dúas visións claramente confrontadas, por unha parte unha que chamaremos “aposta democrática” e outra “aposta reaccionaria”, van decidir dous modelos políticos diferentes non só no ámbito da xestión de recursos públicos, senón no ámbito estrutural de formulación do Estado.

As forzas estatais da ala da dereita radical ultra reaccionaria e neofascista lanzan ameazas claras ao estado das autonomías: ás competencias, aos partidos nacionalistas, aos dereitos democráticos, aos valores culturais, a liberdade de expresión, aos servizos públicos que conforman os cinco piares do benestar (nos que remarcamos as pensións).

Durante anos, pero moi en particular nos últimos tres, demostraron que alí onde gobernan, ou son nefastos na xestión sen unha sola dimisión (caso máis mediático en Valencia coa Dana), ou desmantelan a sanidade e a educación como a situación que vive a Comunidade de Madrid (ámbito sanitario e ámbito educativo do ensino medio e nas universidades), alimentan a guerra dialéctica, enchen de bulos os medios para confundir e cansar ao electorado, trasladan imaxe de inseguridade e inoperancia política para afondar na idea do necesario retorno da ditadura, apoian a grupos neonazis que se están armando para realizar sabotaxes, alimentan odio entre partidos e persoas, as súas ameazas como duplicar o gasto en defensa de inmediato, son probas máis que evidentes que están deseñando claramente algo que é o mais perigoso.

Todos estas accións provocan a involución da democracia, a socialización do sufrimento, as desigualdades sociais, os recortes salariais e de pensións, etc.

En definitiva máis pobreza, e sabemos que a maior pobreza maior sometemento da poboación, por tanto o campo abonado para a confrontación social e conflito, que é onde acaba a estratexia de todos os movementos radicais e totalitarios.

O camiño que propón o radicalismo político de Vox e os seus cómplices, está claro, un camiño ás posicións de partida de 1936, ano que collemos de referencia para comprender o que somos e como pensa a sociedade a nivel estatal.

Dubidamos que aos oligarcas económicos, á burguesía, á banca, etc, lles interese que o camiño de Vox e os seus cómplices teña éxito, porque nunca tanto e tan ben lles foi economicamente como neste momento, incluso que teñan que pagar impostos.

É aquí a cuestión, ou colaborar nunha sociedade máis xusta ou por avaricia colaborar co fascismo e levarmos a toda a sociedade ao abismo.

Se o día 29-N non entra a gobernar o “bloque reaccionario” estamos no camiño de completar a segunda transición, en paz, con grandes avances en todos os campos, na regulación dos actuais desequilibrios que faltan por completar, na consolidación do estado do benestar, e sobre todo no coñecemento da realidade con verificación rigorosa da historia.

Onde se sitúa o Partido Galego é no lugar que entendemos lle gustaría á maioría da xente, no camiño da concordia e da paz, no camiño do entendemento, no camiño do consenso. En definitiva buscando o equilibrio político que, como en todas as facetas da vida, é o que nos vai permitir vivir mellor.

O Partido Galego defínese de centro político, galeguista e humanista, e estas coordenadas son moi claras para tomar posición sobre as ameazas actuais, e por suposto para aportar luz e claridade nas solucións.

Non estamos na lea de “bloques de esquerdas ou de dereitas”, porque estamos no que chamamos a “centralidade galega” que consideramos propia dos consensos e do equilibrio.

Si estamos para conseguir que Galicia sexa un país libre, libre de populistas, totalitarismos, fascistas e negacionistas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios