A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, está a pasar este sábado a xornada de reflexión previa ás eleccións xerais do 29N na compaña das persoas máis próximas e achegouse ata a comarca da Mariña para compartir o día con integrantes da formación nacionalista.
Tras quince días de intensa actividade electoral pola provincia, a cabeza de lista lucense fixo balance do percorrido realizado e destacou o clima percibido durante estas semanas: «A partir do día de mañá ábrese unha nova etapa que pode marcar un futuro esperanzador para a comarca, para Lugo e para Galiza». Ademais, Rodil subliñou que «foi unha campaña ilusionante e con grandes expectativas que anticipa unha participación masiva neste proceso electoral».
Previsión de votación este domingo en Lugo
De cara á cita coas urnas deste domingo 29 de novembro, Olalla Rodil exercerá o seu dereito ao voto ás 10:00 horas no colexio electoral Illa Verde da cidade de Lugo. A candidata acudirá acompañada por edís do grupo municipal do BNG na capital lucense, así como por cargos orgánicos e institucionais da formación.