A candidata de Fronte Ampla ao Congreso dos Deputados, Verónica Barbero, elixiu unha das súas grandes afeccións, os xogos de mesa, para pasar a xornada de reflexión deste sábado previa á cita coas urnas de mañá domingo 29N.
Acompañada das súas amizades, Barbero participou nunha partida de Marvel no establecemento Customeeple, en Vigo. A dirixente aproveitou a ocasión para reivindicar o valor deste tipo de ocio alternativo como ferramenta de convivencia, aprendizaxe e descanso tras dúas semanas de intensa actividade de campaña.
Lecer alternativo e chamada a coller forzas antes do 29N
Durante o encontro distendido na cidade olívica, Verónica Barbero animou a cidadanía a desfrutar da xornada previa ás eleccións xerais: «Animo a todo o mundo a desfrutar deste tipo de actividades porque mesmo podes usar os xogos para aprender. Animo á xente a que se entreteña, a que desfrute e a que colla forzas. Porque mañá é un día moi importante», concluíu Barbero.