Rafael Martínez presentou a súa renuncia como edil do Concello de Ponteareas

por Redacción Pontevedra

Con data de hoxe, pon fin de maneira voluntaria á súa etapa no goberno de Nava Castro.
En palabras do xa ex concelleiro: “No día de hoxe presentei a miña renuncia como concelleiro de Emprendemento. Aínda que tiña a ilusión de poder facelo, a miña situación persoal e profesional actual non me permite ter a dedicación necesaria para impulsar debidamente o emprendemento na nosa vila. Foi unha experiencia curta, intensa e de aprendizaxe. Grazas a Nava e a todo o equipo polo trato e o respecto. Grazas tamén a todos os veciños e veciñas pola confianza e o cariño recibido.”
A alcaldesa de Ponteareas dedicoulle unhas cariñosas palabras de despedida: “grazas pola túa dedicación, aportación e traballo. Deséxoche os maiores éxitos tanto na túa vida profesional como persoal”.
Nava Castro anunciou que o posto que deixa baleiro Rafa Martínez será ocupado polo seguinte edil da lista, Cristian Montes, Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario