Galiza Nova reuniuse hoxe na Taberna Saudade para a celebración do xa tradicional xantar do día da Galiza Mártir, acto co que a organización xuvenil reivindica a figura de Alexandre Bóveda como referente da loita nacionalista.
Neste ano o xantar serviu ademais como homenaxe á propia militancia, xa que se fixo unha entrega de carnés que, en palabras do responsable comarcal «simboliza o compromiso que temos cada unha de nós co país e coa loita nacionalista». Antes desta entrega, dirixiuse aos asistentes ao xantar Lucía López, responsable nacional de organización do BNG, que asegurou estar «tremendamente orgullosa» da organización xuvenil e que «o BNG sempre terá a man tendida para axudar nas loitas de Galiza Nova».
«Nos tempos que corren, cun españolismo cada vez máis forte, é máis importante que nunca manterse firmes nos principios nacionalista polos que figuras como Bóveda deron a vida» sinalou López.