Concerto de Capital Voskov o xoves nas Torres de Santa Cruz

por Redacción A Coruña

O vindeiro xoves finaliza o micro festival musical As Tardes do Alfar cun concerto da banda Capital Voskov. Será ás 20:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz con acceso libre e gratuíto

Álvaro Beiró (baixo), Alberto Romero e Sergio González (guitarras), Chema Caamaño (batería) e Alfonso Gallardo (vocalista) forman a banda muradana Capital Voskov; o resultado da evolución de outros proxectos como Maestro e que seguen a estela da nova ola galega que lideraron no seu día bandas como Terbutalina e hoxe abandeiran The Rapants, Familia Caamagno ou Quinkillada.

Antes do concerto, desde as 19:00 horas, haberá demostracións de olería en vivo e bautizo de torno para todas aquelas persoas que se acheguen aos xardíns das Torres, da man do oleiro Alberto Añón da olería Lista de Buño.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario