Tanxugueiras anuncian as últimas datas da xira ‘Midas’

por Redacción Galicia

Despois de dous intensos anos nos que a formación se converteu nun dos nomes de referencia do panorama musical a nivel estatal, ofrecendo máis de 110 actuacións por toda a Península, Tanxugueiras anuncian as últimas paradas da súa XIRA MIDAS

Toledo, Zamora e Burgos súmanse á última cita xa anunciada e bautizada como O DERRADEIRO DILUVIO, que terá lugar no Coliseum da Coruña e que promete ser unha das noites máis especiais da carreira de Tanxugueiras.

Como xa se adiantou fai unhas semanas, esta data de peche de xira será un show único e histórico, no que non faltarán as cancións que xa son buque insignia do trío como «Terra», «Averno», «Pano Corado· ou «Aire», entre moitas outras. Á festa uniranse convidados de luxo como Rayden, Rozalén, Muerdo, Guadi Galego,Valeria Castro e Mondra

Ruth Lorenzo, foi a última artista que invitou a Tanxugueiras a colaborar, concretamente nunha reinterpretación do seu tema «Reina», e próximamente tamén poderemos gozar dun novo single xunto a Juancho Marqués.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario