Desde hoxe está dispoñible nas principais plataformas dixitais O.D.A, o novo sinxelo da cantante e compositora Guadi Galego. A canción, producida por Iago Pico (Pouland Studios), é unha declaración de intencións explícita e unha chamada á ousadía na que reivindica o dereito a seguir experimentando.
Guadi Galego define O.D.A como “unha declaración de intencións sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de valorar o vivido como propio e reivindicar o dereito a seguir experimentando”. Precisamente iso é parte do que fai a artista nesta nova canción, na que mantendo as súas sinais de identidade clásicas, dá cabida a novos sons como parte dese dereito a continuar crecendo. O.D.A é, como expresa na súa letra, una reivindicación da ousadía e un abrazo á diferenza que nos recorda, ao cabo, que seguimos vivas. Todo, apunta a artista, “sen desmarcarnos nunca da nosa responsabilidade propia e colectiva” e sen olvidar que “a alegría segue dentro de nós”.
O tema, o primeiro que Guadi Galego lanza desde a publicación do seu LP Roibén (2022), acompáñase dun videoclip dirixido por Inés Salvado