Este sábado tivo lugar unha xornada chea de emoción e deportividade no complexo deportivo da Moreira. Co gallo da VIII edición do Torneo Toñito Maestro citáronse en Xinzo de Limia un total de 28 equipos, case 500 xogadores e máis de 2.500 espectadores. Este ano o memorial destacou polo seu carácter internacional, coa presenza de equipos portugueses en tódalas categorías.
No rango de alevíns, o R.C. Celta brillou como líder, seguido de preto polo Vitoria de Guimaraes. Na categoría de benxamíns, o equipo das E.D.C. Xinzo quedou en cuarto lugar e o Sporting de Braga proclamouse vencedor, recibindo ademáis un dos seus integrantes o premio ó mellor xogador do memorial. Ó remate dos 30 partidos, concelleiros da corporación local fixeron entrega dos diferentes premios.
Sen dúbida, o Torneo Toñito Maestro consolídase coma un evento deportivo de gran relevancia e unha oportunidade de encontro para equipos tanto locais coma internacionais, promovendo a camaradaría e a competición saudable no eido do deporte xuvenil, contribuindo tamén a dinamizar social e económicamente a nosa vila. O Concello de Xinzo de Limia agradece a tódolos participantes e colaboradores por facer deste evento un éxito ano tras ano.