A Fundación Vicente Risco organiza o próximo sábado, 7 de outubro, ás 20 horas, o terceiro concerto Neoartistiñas 

Concerto que ten o título de BÓREA «ALTE LIEBE» coa actuación de Julia Caro (Santiago de Compostela/Lucerna) e Clara Mascaró (Palma de Mallorca/Salzburg).

O programa consta de temas de Clara Schumann, Robert Schumann e Johannes Brams.

Bórea

Bórea é un grupo de cámara fundado co obxectivo de explorar o progreso de novos modelos de interacción co público e desenvolver novas experiencias utilizando medios dixitais aplicados á música clásica. O proxecto céntrase en valorar a importancia de achegar ao público a figura dos grandes compositores da historia e entendelos, non só no seu contexto histórico, senón tamén a nivel persoal.

Desde 2019 reuníronse en diferentes cidades europeas para levar a cabo varios proxectos e concertos. En 2020 o grupo recibiu unha axuda do Concello de Salzburgo para desenvolver o seu proxecto e en 2021 obtiveron a prestixiosa bolsa de mobilidade iPortunus, da Unión Europea, que lles permitiu viaxar para realizar dúas Residencias Artísticas no Auditorio Nacional Baltais Fligelis de Sigulda (Letonia) e no Museo BrahmsHaus de Baden-Baden.

Julia Caro

Nada en Santiago de Compostela en 1994, e tras estudar no Conservatorio Superior de Música de Zaragoza, en 2022 obtivo un máster na Universidade de Música de Lucerna, baixo a tutela do prestixioso violonchelista Christian Poltéra.

A súa profunda paixón pola música de cámara levouna a cofundar o conxunto Bórea. Tivo o privilexio de colaborar con distinguidos músicos e ademais desta actividade camerística, colabora activamente con destacadas orquestras como a Swiss Orchestra, Kammerph. Graubünden, a Staatskapelle Dresden ou a Orquestra Sinfónica de Euskadi. A súa experiencia musical tamén lle valeu invitacións a festivais de música de cámara como o Festival de Zermatt.

Clara Mascaró

Nada en Palma de Mallorca en 1994, Clara Mascaró comezou os seus estudos superiores en 2013 no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Realizou un Master na Universidade Mozarteum de Salzburgo con Veronika Hagen. O periplo orquestral de Clara incluíu a Orquestra Schleswig-Holstein Music Festival, a Gustav Mahler Jugend Orchester e a European Union Youth Orchestra. Desde 2017 é viola tutti en orquestras españolas como RTVE, Orquestra do Palau de Lles Arts e Orquestra Sinfónica de Castela e León.

É membro suplente en Camerata Salzburg e foi academista en Philharmonie Salzburg. Foi membro da Folkwang Kammerorchester de Essen en 2021 e da Orquestra Sinfónica das Illes Balears desde 2022.

Clara tamén presentou actuacións como solista, incluíndo os Concertos para Viola de Telemann e Ho meister coa Orquestra de Cambra de Mallorca. O seu repertorio inclúe o Concerto de Brandemburgo coa Philharmonie Salzburg e o Concerto para viola de Bartók coa Orquestra Nacional Simón Bolívar de Venezuela.

Comparte éste artículo
No hay comentarios