O Concello de Betanzos rematou as obras de mellora de viais municipais no rural
Trátase neste caso das obras de pavimentación de camiños no núcleo de Caraña do Medio. Trátase dun camiño que une Caraña co barrio da Ponte Vella, un rincón no que chegaron a funcionar trinta muiños de maquía para a molienda de grao (trigo, centeo e millo). Conservanse algúns deles, e unha antiga cortidoria, na que se ubicaban os pelamios, lugar onde se sumerxían as peles dos animais para curtilas., que dan nome ao rico que percore esta zona.
Os traballos consistiron na limpeza e a pavimentación e supuxeron unha importante mellora da seguridade vial, sobre todo porque son zonas moi transitadas casi tanto polos peóns como polos vehículos. Ademais executouse toda a rede de saneamento para separar, de forma efectiva, as augas pluviais e as augas residuais.
A alcaldesa, María Barral, visitou a zona e intercambiou opinóns coa veciñanza que trasladaron súa satisfacción “pola mellora considerable” que experimentou a zona. Barral indicou que o proxecto forma parte duna serie de obras que se executaron noutras zonas e que continuarán, por exemplo, en A Veiga, centradas no acondicionamento e mellora dos camiños para facilitar a comunicación da veciñaza a nivel das infraestructuras viarias, mellorando a calidade das vías, a súa accesibilidade e a seguridade vial para vehículos e peóns.