O vindeiro sábado 14 de outubro a Vila de Monterrei encherase de actividade

por Redacción Ourense

Ese día celebrase a II festa da Vendima e pola tarde noite haberá unha visita teatralizada.

A segunda edición da II festa de Vendima en Monterrei comezará o sábado 14 de outubro pola mañá ás 12hrs coa apertura dos postos do mercado de productos agroalimentarios, con productores da artesanía alimentaria de Galicia, productores da Comarca de Verín e da Denominación de Orixe de Monterrei. 

Ás 12:30hrs. terá lugar a saída da grande carrexada de vendimos, dende o bacelo de San Francisco, na finca experimental da Deputación de Ourense, ata o torreiro instalado na viña do conde, á entrada da vila de Monterrei. Nun folión de carros tradicionais acompañado dos Gaiteiros de Flariz, o colectivo Castro Floxo e o rancho folclórico e etnográfico de Santa María de Carquere (Portugal). Esta comitiva rematará cun pisado de uva e proba do mosto na mesma viña do conde.

A partir das 14:00hrs. comezará a degustación de porco ó espeto, continuando a actividade musical e festiva cunha foliada aberta no recinto da festa.

A fin de festa correrá a cargo do grupo A Roda, que ten previsto comezar a súa actuación a partir das 17:00hrs.

Toda esta actividade terá un custe de 5€, podendo mercarse os tickets para a comida durante as datas previas no concello e oficina de turismo de Monterrei e o propio día no recinto feiral.

A partir das 19:00hrs., con saída dende a oficina de turismo de Monterrei terá lugar unha visita teatralizada á Vila de Monterrei. Esta actividade organizada pola asociación Platea Lúa e a deputación de Ourense que permitirá coñecer, dun xeito ameno, a historia de Monterrei. Esta actividade é de balde, aínda que require reserva de entradas no 617557961.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario