Tras a celebración da última xunta directiva da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos Ferreiro, da sección de Hospedaxe, asume a presidencia da entidade durante os próximos dous anos de mandato, mentres que Thor Rodríguez Carbón, da sección de Restauración, pasará a ocupar a vicepresidencia, intercambiándose así os seus respectivos cargos ata a data.
Este cambio prodúcese seguindo os propios estatutos da Asociación Hostelería Compostela, que establecen que «a persoa que ostenta a condición de Presidente por ser quen na devandita condición foi na candidatura, pasados os dous primeiros anos, substituirá a súa función co vicepresidente. Con iso alternarase en cada catro anos a persoa que ostenta a presidencia; o presidente os dous primeiros, e o vicepresidente os dous segundos, pertencendo a sectores distintos».
Os estatutos indican que «se o presidente pertence a restauración, o vicepresidente terá que pertencer a hospedaxe e viceversa».
Xunta Directiva
PRESIDENTA: Sara Santos Ferreiro
VICEPRESIDENTE: Thor Rodríguez Carbón
SECRETARIA: María del Carmen Furelos Gaiteiro
TESORERO: Óscar García Castro
VOGAIS
Avelino Martínez Paredes
Javier Míguez Nimo
Miguel Viaño Illodo
Jesús Peón Otero
Carlos Regueiro Quintás
Iria Asorey Tourón
José Luis Seoane Montero