Os representantes do PPdeG nas cidades do Eixo Atlántico únense para reclamar ao Goberno central a chegada da Alta Velocidade e a mellora dos servizos ferroviarios

por Gonzalo Soto

JOSÉ MANUEL REY: «FERROL NON PODE PERDER O TREN»

●         O alcalde de Ferrol critica que a cidade está «totalmente esquecida en materia de infraestruturas ferroviarias» e amósase categórico na súa defensa dos intereses dos ferroláns: «Ferrol non pode perder o tren»

●         Explica que a liña entre a súa cidade e A Coruña «non ten nin un só euro de investimento nos últimos cinco anos», o cal provoca que actualmente este traxecto «dure o mesmo que no século anterior cando se inaugurou»

●         Rey Varela pon sobre a mesa ademais que aínda non se asinou un convenio para construír a estación intermodal de Ferrol e que a cidade continúa excluída do Corredor Atlántico de mercadorías

MIGUEL LORENZO: «NON MERECEMOS ESTE MALTRATO DE SÁNCHEZ»

●         O voceiro do PP na Coruña faise eco das queixas «diarias» dos usuarios da liña de media distancia A Coruña-Vigo debido pola «baixa calidade do servizo, os atrasos, as avarías e a escaseza de frecuencias»

●         «Cada vez hai menos frecuencias e cada vez hai máis usuarios, polo que cómpre incidir en que moitos deles empregan o tren para ir traballar e non é de recibo que teñan que mercar o seu billete con máis de 15 días de antelación», explica

●         Miguel Lorenzo incide en que a liña da Coruña a Ferrol ten unha extensión de 74 quilómetros e, sen embargo «tárdase máis dunha hora e cuarto en realizar»

●         «Pedimos unha aposta clara por parte do Goberno central por mellorar as conexións entre as cidades galegas, así como no que se refire á chegada dos trens Avril», engade ao tempo que recorda todas as promesas feitas por parte de Pedro Sánchez sobre estes trens: «A última promesa era que estarían en novembro de 2022, pero agora resulta que como moi pronto non será ata o primeiro trimestre de 2024»

●         «Este servicio é esencial para o desenvolvemento de Galicia, polo que nin os galegos nin os veciños das cidades que conforman o Eixo Atlántico merecemos este maltrato por parte do Goberno de Sánchez», conclúe

BORJA VEREA: «NECESITAMOS E PEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE DE CALIDADE»

●         O líder dos populares de Santiago de Compostela ten claro que a súa cidade está «triplemente afectada polo caos no transporte ferroviario»

●         Por unha banda, porque «como capital e centro loxístico de Galicia, calquera problema que se produce en Santiago afecta ao resto de cidades galegas»

●         Tamén polo feito de que Compostela sexa unha cidade universitaria: «O bo funcionamento do sistema universitario esixe que os trens e os autobuses funcionen correctamente, e non podemos ter aos nosos estudantes con problemas como o de ter que mercar os seus billetes con semanas de antelación e a constante preocupación ante posibles cancelacións»

●         Verea destaca ademais a afectación que as conexións ferroviarias teñen no turismo: «Se queremos un turismo de calidade, necesitamos e pedimos medios de transporte de calidade e, nomeadamente, a chegada dos trens Avril que levan tanto tempo prometendo e que nunca chegan»

RAFA DOMÍNGUEZ: «ESIXIMOS A PEDRO SÁNCHEZ QUE CUMPRA CON GALICIA»

●         «Pontevedra non está desfrutando nin aproveitándose ao 100% da Alta Velocidade, entre outras cousas, porque Pedro Sánchez leva moito tempo esquecéndose de Galicia», asegura o voceiro do PP na cidade do Lérez

●         Neste sentido explica que «non se cumpriu en tempo e forma coa chegada dos trens Avril, que se están demorando dun xeito insoportable» e isto xera «enormes atrasos no tráfico ferroviario da cidade»

●         Rafa Domínguez esixe a Pedro Sánchez que «cumpra con Galicia para que Pontevedra poida desfrutar dun AVE en condicións»

MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS: «EN VIGO XA ESTAMOS ACOSTUMADOS AOS DESPREZOS DE PEDRO SÁNCHEZ Á NOSA CIDADE»

●         Ante o «enésimo atraso» na chegada dos trens Avril imprescindibles para a implantación da Alta Velocidade, a líder dos populares vigueses non se amosa sorprendida porque «en Vigo xa estamos acostumados aos desprezos de Pedro Sánchez á nosa cidade»

●         «Non pode ser que a cidade máis importante de Galicia aínda non estea conectada como ten que estalo e máis aínda despois de que o seu alcalde prometera que en 2012 xa teríamos AVE», asegura ao tempo que resume a situación en que «nin AVE, nin conexións, nin frecuencias»

●         Marta Fernández Tapias asegura que o Eixo Atlántico «ten que estar conectado e dotarse das infraestruturas ferroviarias necesarias para que esa conexión sexa real e efectiva»

●         De aí que esixa ao PSOE de Vigo que «pida ao seu xefe de filas en Madrid que estas conexións sexan reais e eficientes para poder así contar cunhas frecuencias e un servizo adecuados»

●         «Non pode ser que se agochen nunhas supostas enquisas para dicir que non é necesario e é menos admisible aínda que a día de hoxe non se repuxeran as frecuencias previas á pandemia despois de tres anos», engade

Comparte éste artículo
2 Comments