Luis Álvarez destaca que a vía unilateral tomada pola Xunta coa Lei do Litoral é o que forzou a declaración de inconstitucionalidade do Consello do Estado
O voceiro do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe ante a celebración do debate para aprobar o teito de gasto de cara ás contas da Xunta no 2024 que “o importante non é o que creza o orzamento, senón o destino que se lle dá”.
O representante socialista na Cámara galega restou importancia aos anuncios por parte do goberno galego que destacan os orzamentos do ano 2024 como os máis altos da historia. Xa que coa inflación acumulada entende que “ese incremento vai a compensar a duras penas o incremento do custe da vida”, así mesmo sinalou que “o feito de que sexa o orzamento máis alto da historia é algo que ocorre todos os anos e en todas as comunidades autónomas”.
Considera que estamos ante “unha suba moderada” respecto ás contas do ano 2023, que xa foran cualificadas como récord histórico “cunhas aportacións de 1.7000 millóns de euros do Estado”, apuntou, polo que “o problema son as políticas que aplica a Xunta de Galicia”.
Luis Álvarez remarcou que non serviron para mellorar a Atención Primaria, nin recuperar a gratuidade dos libros de texto, nin finalizar a autovía da Costa da Morte, nin rebaixar as peaxes da AP-9. “De pouco sirve que digan que son históricos se non se empregan para mellorar a vida dos galegos”, engadiu.
Así mesmo, reprochou que só tiveran coñecemento das cifras a través dunha nota de prensa enviada polo executivo autonómico. Denunciou así que a menos de 48 horas do debate para aprobar ou rexeitar o teito de gasto na Cámara galega non remitiran documentación aos grupos parlamentarios sobre as previsións económicas de cara ao vindeiro ano. Para el é “unha mostra do nivel de desleixo do PP cara a este Parlamento”.
LEI DO LITORAL: “NÓS XA ADVERTIMOS”
O voceiro socialista tamén se pronunciou a propósito do ditame do Consello do Estado que considera inconstitucional a Lei do Litoral aprobada promovida pola Xunta. “Nós xa advertimos”, apuntou, xa que no seu momento “a Xunta priorizou unha tramitación esprés nun tema tan importante e reduciu a unha única xornada a tramitación desta lei”, sinalou. Para Álvarez, “arramplaron coa mínima decencia parlamentaria”.
Luis Álvarez tamén quixo poñer en evidencia a incoherencia dos PP que “tanto presume de defender a constitución está a pisoteala”. “Non se pode defender pola mañá e incumprila pola tarde”, engadiu.
Ante as dúbidas que hai respecto da viabilidade das empresas e do mantemento dos postos de traballo, Álvarez advertiu ao PP que “non se pode xogar coa seguridade xurídica cos 40.000 empregos da cadea mar industria”. Asegurou que “non hai ningunha empresa no sector mar industria que corra perigo”, xa que todas as prórrogas de concesión foron autorizadas polo goberno central. “Digan o que digan, non están en risco os postos de traballo”, remarcou.
Emprazou aos populares a abandonar “a vía unilateral”, remarcando que os socialistas defenden esta transferencia, “pero abordalo dun xeito seguro”. O mecanismo para o PSdeG é “con diálogo e coa reforma estatutaria se fóra preciso”, do mesmo xeito, lembra, que o intentou o expresidente Pérez Touriño encontrando a negativa do PPdeG e Núñez Feijóo.
“DISCURSO FALAZ POUCO SERIO E PERIGOSO”
Tamén apuntou á incoherencia da política fiscal da Xunta, xa que entende que é imposible rebaixar impostos a minorías da poboación e de mellorar ou manter a calidade dos servizos públicos. Cualificou o discurso do goberno galego de “falaz, pouco serio e perigoso” de cara a unha virtual negociación do sistema de financiamento autonómico, xa que non ve coherente reclamar máis ingresos do Estado mentres podes permitirte rebaixar impostos “aos millonarios”.
Siempre sale Luis Alvarez, con la misma «matraca» conocida por todos.Sería bueno que dijese cómo haría
las cosas y de dónde saca el dinero para hacerlas.
No sé dónde ha leído que no corre peligro ninguna empresa del sector mar industria porque se han ido
diluyendo todas.
Observe PESCANOVA en manos de inversores canadienses y el recorrido que ha seguido durante los
años pasados (incluyendo la época con cárcel incluída para su Presidente)incluso con una cervcera
pujando en el negocio asi que no corre peligro, porque se ha diseminado y diluído.
Lo importante no es lo que crezca o no el techo de gasto ,es mas importante saber de dónde van a obtener
el dinero ya que de seguir así ,endeudándose es fácil que se vaya paulatinamente la economía al carajo.
Luis Alvarez parece una máquina de repetición sin aportar nada nuevo .
Los problemas existentes se resolverían en gran medida colocando de gestores en las Empresas Públicas
a personas cualificadas y no como vemos siempre a personajes «puestos a dedo» sin capacitación alguna para
gestionar nada pero con la «caradura» suficiente para ocupar la plaza.Creen pasar inadvertidos pero dejan tras
de sí la deuda multiplicada y daños suficientes ,para no olvidarlos.