Os populares advirten de que “Marzán se queda sen novo videomarcador pola deixadez do bipartito focense”

por Redacción Lugo

Os populares sinalan con respecto á “desculpa do BNG de non solicitar a subvención á Xunta porque non é total” que “todos sabemos que hai poucas que sexan do 100%

O PP de Foz subliña unha nova mostra máis de “deixadez do goberno local” por non ter solicitado unha subvención á Xunta de Galicia para un novo videomarcador electrónico para o pavillón de Marzán, tal e como o confirmou o concelleiro de deportes do BNG no último pleno.

Os populares condenan a “desculpa” do BNG asegurando que “non se solicitou porque a subvención non é total, cando todos sabemos que hai poucas axudas que sexan do 100%”. E, neste caso, “con esta axuda poderíase adquirir a moi pouco custe para o Concello un videomarcador electrónico para o pavillón de Marzán”.

Os populares tiñan instado ao goberno local a través dun rogo hai varios meses a solicitar esta axuda atendendo ao que nos tiñan pedido dende o CB Celtas; xa que “o pavillón de Marzán ten un marcador electrónico desfasado mentres que outros pavillóns teñen videomarcador electrónico que, incluso, serve para proxeccións audiovisuais”.

A concelleira Verónica Soto explica que “volveron deixar escapar subvencións que eran importantes para o deporte focense”. Así, asegura que “non por ter máis concelleiros e dedicacións o Concello vai mellor”.

De feito, “a falta de xestión do goberno bipartito ten como resultado a perda dunha oportunidade para que os nosos clubs contaran coas dotacións á súa altura” sobre todo tendo en conta que “se trata de equipamentos solicitados polos propios usuarios que resultaría positivo para todo o Concello”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario