Os populares puxeron sobre a mesa unha proposta para a construción dunha rotonda física elevada na confluencia das rúas Anxo López Pérez, Rúa Vilalba, Rodríguez Mourelo e Ramón Ferreiro
Tal e como está sinalizada provoca dúbidas e dificultades de interpretación. O equipo de goberno tomou en consideración esta suxerencia.
Tamén admitiu a proposta para mellorar a mobilidade para os veciños que residen o Carril das Frores xa que dende que se cortou o acceso dende a Ronda da Muralla o tráfico de subida e baixada por esta vía é complicado.
Tamén solicitan buscar alternativas para que poidan acceder vehículos ás vivendas situadas a carón do río da Chanca dende a estrada de San Eufrasio. Por tratarse dunha solución que afecta a un vial da Diputación trasladaremos esta cuestión ao ente provincial.