O Calvo Basket Xiria visita ao Caja Rural de Zamora

por Redacción Deportes

Novo encontro paro o Basket Xiria de Héctor Méndez, que nesta cuarta xornada visitará ao CD Zamarat – Caja Rural de Zamora, nun desprazamento longo e con previsible mal tempo para xogar o Domingo ás 12:30h no Pavillón Municipal Angel Nieto de Zamora

CALVO BASKET XIRIA, xogará esta cuarta xornada en Zamora. Novamente contra un equipo recen ascendido, que leva unha vitoria e dúas derrotas. Pero lonxe de confiarse o equipo carballés loitará contra un plantel xoven e que gañou ó Gijón Basket e vendeu moi cara a derrota contra o Hotel 4Postes Avila Auténtica. Hai que ter en conta que este equipo ten un xogo dinámico e moi rápido, que ademáis con xogadores altos no poste e dificiles á hora de defendelos, e os seus exteriores teñen unha porcentaxe de triplas superior ao 30%.

Ademáis de viaxar moi temprado, xogase o Domingo 22 ás 12:30h en Zamora (case 5 horas de viaxe), a mala previsión meteorolóxica fará que o desprazamento non sexa nada confortable, polo que será un hándicap engadido para o CALVO BASKET XIRIA.

Tras dúas vitorias de tres partidos disputados, ata o de agora, o comezo da liga para o equipo que dirixe Héctor Méndez, está a ser bo, a pesar de que aínda non é capaz de dar continuidade ó seu xogo durante os 40 minutos de partido e custalle entrar a bo ritmo no inicio dos encontos. Pero nestes días de adestramento traballouse para correxir estas malas dinámicas e seguir mellorando máis e máis durante cada semana de competición.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario