Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “Non podemos deixar de apostar e loitar, día a día, por unha inclusión real para todas as persoas”
A carreira ENKI bateu o seu récord de participación e convértese na sexta proba de España e a primeira de Galicia en asistencia con 15.000 persoas. Baixo o lema ’10 anos correndo por un mundo inclusivo, son só o comezo’ a proba volveu a ser todo un éxito cun novo percorrido que atravesou os peiraos coruñeses, a Marina e o Parrote.
«Desde as administracións debemos continuar traballando pola inclusión, en todos os ámbitos», sinalou Inés Rey, que engadiu: «Na Coruña imos do pequeno, creando parques inclusivos para nenos e nenas, ao máis grande, reurbanizando rúas enteiras e adaptándoas ás necesidades de todas as persoas».