O Grupo Municipal Socialista en Oleiros, tras o vivido no Pleno de onte, quere denunciar “a vulneración de dereitos á que nos vimos sometidos por parte do alcalde que pechou o Pleno saltándose o apartado de Rogos e Preguntas para evitar, con este comportamiento caciquil que se debateran rogos e preguntas que evidencian o seu uso irregular das institucións”
O Grupo Municipal Socialista quere denunciar a maneira de gobernar do alcalde de Oleiros o Sr. García Sánchez que chegou ao Concello fai xa máis de corenta anos pretendendo un talante progresista e ten evolucionado tanto durante todos estes anos que agora o único que queda é un cacique que goberna de forma ditatorial saltándose as mínimas regras da democracia e chegando ata o nepotismo.
No pleno de onte tivemos un bo exemplo dese xeito caciquil de gobernar do señor García, debatíanse a solicitudes do PSdeG, pretendíamos mellor dito debater unhas preguntas e uns rogos que para nós deixaban moi claro a utilización en beneficio do Sr. García dos recursos dos veciños e veciñas de Oleiros, de todos os oleirenses, da radio, dos funcionarios do Concello así como que a confrontación que fai coas administracións que teñen que velar polo coidado dos oleirenses non leva a ningunha parte, agás a que os oleirenses teñan que poner máis cartos do seu peto.
Nin os expedientes da Deputación nin da Xunta de Galicia contemplan como correponde ao Concello de Oleiros, e pensamos que se debe a ese comportamento do que fai gala o sr. alcalde.
Pois ben para evitar que se debatesen esas preguntas e os rogos que expuñan os socialistas nos que se evidenciaba o seu caciquismo e o seu uso partidario dos recursos do Concello, o único que se lle ocorreu foi evitar ese debate suspendendo o Pleno, pechou, anulou deu por terminado o Pleno saltándose o punto de rogos e preguntas que contempla clarísimamente o regulamento municipal que deben de ser debatidos o mesmo día do Pleno.
Non quería que os e as oleirendses soubesen que fai que abuso fai da radio de todos, non quería evitar que os oleirenses coñecésemos como manipula as actas dos plenos do Concello no seu favor obrigando aos funcionarios e funcionarias a transformar a realidade para transformar os feitos para evitar que recollan os seus desmáns, os seus malos talantes, as súas faltas, e en definitiva da democracia. E tamén suprimiu o rogo no que se evidenciaba e que esa confrontación institucional tráelle unhas consecuencias nefastas aos intereses de todo Oleiros. As consecuencias da confrontación xa famosas do alcalde de Oleiros coa administración autonómica ou coa administración provincial o que provocan é que os orzamentos tanto da Deputación como da Xunta de Galicia non contemplen este ano para nada ao Concello do Oleiros.
Ante esta vulneración dos dereitos dos membros do Pleno de Oleiros, que somos lexítimos representantes dos veciños, estamos estudando as oportunas medidas de resposta».