José Ramón Gómez Besteiro, candidato dos socialistas galegos á Xunta de Galicia, denunciou esta mañá en Monterroso a incompetencia de Alfonso Rueda para xestionar os millóns de euros de fondos europeos que conseguiu para as galegas e os galegos o Goberno de Pedro Sánchez: “É un dos maiores problemas para Galicia”, dixo, ao tempo que anunciou varias iniciativas por parte do PSdeG ao respecto.
Besteiro adiantou que esixirán no Parlamento de Galicia respostas claras sobre a execución destes fondos “conseguidos polos socialistas e transferidos á Xunta”, así como a implicación desta nos proxectos industriais que son tractores. Besteiro sinalou que, a diferenza do que sucede noutras comunidades, Rueda aposta pola opacidade: “Queremos saber como vai complementar a Xunta os cartos conseguidos por Pedro Sánchez. Sabemos o diñeiro que pon o Goberno de España, pero non sabemos o que pon a Xunta para aproveitar ao máximo estes fondos”, insistiu.
Ao respecto, lembrou que “desde a miña reunión con Alfonso Rueda, xa hai meses, non recibimos ningunha resposta sobre que está facendo a Xunta para non perder ese diñeiro e por que non se coordina cos concellos. Na Goberno do PP non hai nin transparencia nin compromiso”.
Galicia recibiu case 3.000 millóns de euros do Plan de Recuperación e a metade, 1.421 millóns, se transferiu á Xunta.
O socialista destacou que “estamos diante dunha oportunidade única para o desenvolvemento do país porque, grazas ao Presidente Sánchez, Galicia recibiu case 3.000 millóns de euros do Plan de Recuperación e a metade, 1.421 millóns, se transferiu á Xunta. Que está a facer Rueda con eses cartos, por que non os executa, por que tanta opacidade’”.
Besteiro afirmou que Pedro Sánchez é o presidente do goberno máis galego que tivemos nunca e Alfonso Rueda o máis incapaz, e lamentou a inseguridade que está a crear para Galicia “porque non sabe aproveitar a chuvia de millóns conseguida polos socialistas”. O deputado pediulle a Alfonso Rueda que estea á altura do seu cargo como Presidente: “Ten que asumir que a política industrial de Galicia tamén vai con el”.
O candidato dos socialistas galegos á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visitou un ano máis a Feira de Monterroso onde destacou o protagonismo dos autónomos e empresas familiares que unen tradición, e innovación: “Son un orgullo para o noso país e un exemplo do desenvolvemento rural de Galicia grazas aos fondos europeos que conseguimos os socialistas”.
Tamén lamentou a ausencia do presidente da Xunta no evento de referencia do rural galego: “Hoxe aquí en Monterroso debería estar a tomar nota pero non o vexo, a quen si vexo é ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé e a compañeiros alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia”.
Gomez Besteiro no sabe donde están esos millones,porque «estaba de permiso» cual recluta del pasado.
Si Pedro Sánchez es el más gallego que ha conocido de los Presidentes de España ,vamos listos!.Ahí tiene la Autovía con los puentes caídos que es vital para comunicar con el resto de España y Pedro Sánchez no lo sabe aún (entre otras cosas).
A Monterroso ya se sabe a lo que van los políticos ,esperemos que los chorizos al menos ,los paguen.Mal sitio para
reunirse tantos del mismo grupo político juntos .
El rural se apoya con dinero y ayudas que generen las condiciones y animen a instalarse allí a cierto tipo de Empresas porque a los mercados a comer y pasear se apuntan todos los políticos,,sin que los llamen los vecinos del rural.
Se observa en las imágenes que el Sr.Besteiro estaba «en la papatoria » pero no vemos a Besteiro pagando lo comido .Si pagase (veríamos su carteraa/monedero y reconfortaría algo más a quien va alli a vender su mercancía.Parecerá insignificante pero si aplicó la misma táctica en todas las instalaciones visitadas se ha dado un «homenaje» a jamón y chorizos de cuidado ! ( y gratis,como acostumbran a hacer este tipo de sujetos).