O 5% PXOM está xa inscrito, pendente de publicación no BOE para a súa entrada en vigor. A reunión celebrada a semana pasada serviu para detectar unha documentación que o concello non enviara. Unha vez enviada e emendado o erro, a Xunta procedeu a súa inscrición.
O 27/07/2023 o concello de Lugo solicitou a inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia (ROTPUG) do “documento técnico para a aprobación definitiva relativa aos ámbitos e determinacións pendentes de aprobación polo parágrafo terceiro da parte dispositiva da orde da CMTI do 29/04/2011, de aprobación definitiva parcial”, aprobado definitivamente por acordo plenario do 27/04/2023 (DOG do 26.07.2023)
A inscrición no Rexistro é un acto regrado, pero que require, en todo caso, a verificación formal da documentación remitida para proceder á inscrición, en definitiva, a remisión do documento completo do PXOM e debidamente dilixenciado. (Neste caso non se remitira polo concello a memoria xustificativa relativa ao cumprimento das condicións do IPAD da DXOTU, como se aclarou na reunión do 2.11.23)
Pero, ademais do trámite da inscrición, tanto a normativa urbanística (artigos 82.4 e 88.3 LSG; e 212 RLSG) como a normativa en materia de réxime local (artigo 65.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local), determinan que cando a Administración Autonómica, no ámbito das súas competencias, considere que un acordo dunha entidade local infrinxe o ordenamento xurídico, poderá requirila para que anule o dito acto. (No marco desta habilitación legal, é dicir, amparada polo procedemento legalmente previsto, a Xunta procedeu a verificar o axuste do documento ás condicións sinaladas no informe preceptivo e vinculante da DXOTU do 21.09.2022, ao advertir que o documento remitido en xullo era case coincidente co remitido no seu día para IPAD; e, por suposto, amparada na lexislación reguladora do procedemento administrativo común (artigo 79 Lei 39/2015), que habilita á administración para solicitar non só os informes que resulten preceptivos, senón os que se estimen necesarios para resolver, neste caso, sobre un posible requirimento de nulidade do acordo remitido: a tal efecto, o 4.08.2023 solicitouse informe á CHMS (reiterado o 13.09.2023), por versar as condicións a cumprir sobre asuntos da súa competencia sectorial. O informe emitiuse o 13.10.2023).
Pero a administración autonómica, recibido ese acordo plenario da AD do PXOM de Lugo e a pesares de estar habilitada para poder formalizar ese requirimento, rexeitou esta vía dentro do máximo respecto ao principio de autonomía municipal consagrado na Constitución e optou por tender a man á administración municipal, poñéndose á súa disposición para solventar as cuestións detectadas, no marco dos principios de colaboración que deben rexer as relacións entre as Administracións Públicas, suspendendo o procedemento de inscrición. (Esta decisión é coherente coa decisión de conferir aos concellos de máis de 50.000 habitantes, como é o de Lugo, as competencias para que aproben definitivamente o seu planeamento urbanístico xeral, polo que, en lugar de actuar pola vía do requirimento de nulidade, acordouse arbitrar esa vía de colaboración institucional, co fin de garantir en todo caso a seguridade xurídica do planeamento e velando polos intereses que puidesen resultar afectados)
O 2.11.2023 o concello remite á DXOTU a “Documentación acreditativa del cumplimiento de las condiciones señaladas en el informe favorable previo a la aprobación definitiva de los ámbitos suspendidos en la orden de 29 de abril de 2011 de aprobación definitiva parcial del PXOM de Lugo, emitido por la Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo con fecha 21 de septiembre de 2022”, pero advírtese que a documentación achegada non ven dilixenciada, requisito imprescindible para poder formalizar a súa inscrición, extremo acreditativo de que esa documentación foi aprobada polo Pleno municipal, solicitándose pola mesma vía de remisión, por correo electrónico, o envío da documentación debidamente dilixenciada.
O 3.11.2023 recíbese finalmente a documentación dilixenciada (“Documentación acreditativa del cumplimiento de las condiciones señaladas en el informe favorable previo a la aprobación definitiva de los ámbitos suspendidos en la orden de 29 de abril de 2011 de aprobación definitiva parcial del PXOM de Lugo, emitido por la Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo con fecha 21 de septiembre de 2022”), e inmediatamente procédase a formalizar a inscrición, o que se notifica ao concello con esta mesma data do 3.11.2023.