A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio da Tinería, un estudio dun dormitorio situado na rúa do mesmo nome
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, apuntou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actúa coa maior dilixencia posible para adxudicar a novos arrendatarios as vivendas que quedan dispoñibles.
Nese sentido, lembrou que as persoas interesadas en acceder aos pisos de promoción pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode facerse en liña desde a sede electrónica da Xunta.