Co obxectivo de atender a elevada de demanda de visitas nesta celebración incluirá dúas fins de semana, do sábado 11 ao domingo 19 de novembro
A Coruña inicia a próxima semana a celebración da Semana da Ciencia, con nove días de acceso de balde aos tres Museos Científicos Coruñeses. Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas que cada ano se produce no marco da celebración, o Goberno de Inés Rey incluíu dúas fins de semana, de xeito que a Semana da Ciencia comezará este sábado 11 e rematará o domingo 19 de novembro.
Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva previa de entradas. Esta poderá tramitarse cun máximo de tres días de antelación a través da billeteira online dos Museos Científicos. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva previa e acompañadas doutra persoa se o precisan.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen necesidade de reserva previa sempre e cando a capacidade do museo non se atope completa. As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de dúas invitacións por persoa.
No marco da Semana da Ciencia terá tamén lugar a cerimonia de entrega dos XXXVI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no Salón de Plenos do Palacio de María Pita o sábado 18 de novembro.
Horarios de visita ao museos
Os Museos Científicos Coruñeses estarán abertos todos os días de 10.00 a 19.00 horas. O último acceso será ás 18 horas no caso do Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa de las Ciencias y Domus.