Ameijide pide abandonar o modelo privatizador do PSOE e BNG e reforzar de inmediato a brigada de augas que só conta con 6 operarios

por Redacción Lugo

Os concelleiros Antonio Ameijide e Enrique Rozas mantiveron unha xuntanza cos membros da brigada de augas municipal para testar de primeira man a realidade deste servizo, fundamental no día a día do municipio.

  • Antonio Ameijide explica que reforzar este servizo é fundamental xa que sería moito máis económico que externalizar o servizo, isto custa 120.000€/ano fronte aos 40.000€ que custaba no seu día o reforzo das gardas con persoal municipal o que garantiría unha mellor solución aos problemas ao ser o persoal que mellor coñece a solución aos problemas que xorden no día a día
  • No PP ven necesario recoñecer a categoría de oficial aos 6 peóns que compoñen a brigada municipal xa que na actualidade xa asumen esas funcións dende sempre, sen ter recoñecida a categoría nin ver como se lles retribúe adecuadamente economicamente
  • O popular recorda que a empresa que se contratou hai tres anos (por 121.000€ anuais) está a operar xa sen contrato, dende o 16 de outubro, confirmando “o descontrol” instalado na contratación municipal polo bigoberno local ·e sen que informen do que pensan facer con este contrato nin coa brigada municipal”
  • Ameijide pide “repensar e analizar” o funcionamento da empresa privada e “apostar polo modelo público” xa que “además de ser mellor e máis operativo é 3 veces máis barato” que unha empresa contratada para dar resposta aos problemas que xorden pola noite, fin de semana e festivos, pero que, á hora da verdade, case sempre é a brigada municipal a que ten que solucionar as incidencias ao ser o persoal que mellor coñece a situación real da rede de abastecemento municipal, que consta duns 500 quilómetros de tubarias
  • Dende o Grupo Municipal Popular denuncia o constante desmantelamento da brigada municipal de augas que, na actualidade, está formada por un encargado e 6 operarios (estando agora un de baixa) e dous deles moi próximos á xubilación, un deles o propio encargado, “sen que dende o goberno local teñan previsto a reposición da prazas”
  • O concelleiro popular explica que defenderán o reforzo inmediato da brigada de augas xa que “non é lóxico o sistema de PSOE e BNG de privatizar constantemente os servizos municipais en lugar de reforzalos”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario